Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/6/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Lesións profesionais nos músicos

ergonomía
Tres de cada catro músicos teñen padecido algún tipo de lesión debida ao seu traballo; as posturas, o peso dos instrumentos (un saxo, que vai colgado do pescozo, pesa tres kilos, un violín, que se sostén coa mandíbula, medio kilo), e os movementos repetitivos poden causar lesións que en determinados casos non permiten seguir tocando. A pesares de que os problemas de dor causados por tocar un instrumento sempre foron habituais entre os profesionais, os músicos están a recibir pouca atención asistencial. Médicos e fisioterapeutas especialistas neste tipo de casos intentan conseguir para eles o recoñecemento que conqueriu a mediciña deportiva.

No ano 1988 a Federación Estadounidense de Músicos levou a cabo un traballo entre unhas cincuenta orquestas co fin de avaliar a saúde dos músicos que tocaban nelas; dos máis de 2000 profesionais enquisados, un 82% tivera algún tipo de incidente derivado da actividade profesional, o 75% manisfestou ter sufrido a lo menos un problema serio que tivo consecuencias no seu traballo, e un 50% deles sufría dor musculoesquelético en zonas que coincidían coas áreas onde interpretaban o instrumento como os dedos, a man, o pescozo e as costas.

En Cataluña o director médico do Instituto da arte de Terrassa, levou a cabo un estudo similar con 1.639 músicos. Tres de cada catro enquisados aseguraba ter sufrido algún problema durante a súa carreira musical, supoñendo nun 37,3% dos casos un empeoramento da técnica, segundo recolle nun estudo publicado a finais de 2010. As lesións máis comúns afectan ao sistema musculoesquelético, sobre todo entre os intérpretes de instrumentos de corda.

A idade é outro factor determinate. Nunha investigación realizada nunha orquestra cubana, formada por músicos de 22 a 91 anos, entre os que predominan aqueles que están en torno aos 54 anos, observouse que os músicos que superaban os 60 anos sufriron algún problema musculoesquelético (89%) durante o último ano, en maior porcentaxe que os máis novos (67%).

As lesións nos músicos son un tema tabú, xa que se asocian a unha mala técnica; así moitos profesionais non informan de que teñen algún tipo de lesión por medo a ter problemas no seu traballo.

Practicar  bos hábitos, como a hixiene postural, limitar a práctica diaria do instrumento, evitar a monotonía, realizar estiramentos e exercicio físico son elementos que contribúen a evitar os problemas musculoesqueléticos predominantes neste colectivo.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais