Planificación dos traballos de aproveitamento forestal. Zonas perigosas30-04-2024 - ISSGAO eixo principal desta campaña do ISSGA ponse na identificación de zonas perigosas á hora de planificar os traballos de aproveitamento forestal. É fundamental a formación e información das persoas traballadoras sobre os riscos máis habituais asociados a estas actividades e estabelecendo as medidas de protección e prevención asociadas á súa execución. |
|---|
Este campaña vai dirixida tanto ás empresas como ao persoal traballador do sector forestal contando coa participación activa dos servizos de prevención propios, mancomunados e alleos nesta loita contra a sinistralidade laboral.
Documento técnico
Trátase dun documento moi gráfico e nun formato visual no que se recollen recomendacións á hora de recoñecer as zonas perigosas nas principais tarefas de aproveitamento forestal:
É fundamental situarse fóra das zonas de perigo e asegurarse que non haxa persoas nas zonas perigosas xeradas por estes traballos así como respectar as recomendacións de seguridade recollidas nos manuais de instrución dos equipos de traballo e atender ao recollido na avaliación de riscos. Cómpre tamén lembrar a importancia de planificar, coordinarse e seguir un procedemento de traballo axeitado.
Ligazón ao documento: Planificación dos traballos de aproveitamento forestal. Zonas perigosas