Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
20/3/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Condena por exposición a amianto dun traballador que realizaba tarefas de mantemento na empresa.

AMIANTO
O xulgado do Social número 2 de Valladolid condenou á azucreira Ebro Food ao abono dunha indemnización á familia dun traballador que faleceu a consecuencia da inhalación durante lustros do po de amianto.

O falecido traballou case 40 anos na factoría de Peñafiel, realizando traballos de mantemento e reparación de tubaxes, que se atopaban recubertas con amianto. «Non portaba máscara, nin roupa especial de traballo, e as instalacións non dispoñían de dobre gardarroupa», recóllese nos feitos probados, que engaden que o lavado da roupa efectuábase polo traballador no seu domicilio.

Segundo o fallo, a existencia do amianto na factoría de Peñafiel quedou acreditada durante o desmantelamento e demolición das instalacións da azucreira, «No ano 2010, foron retirados, entre outros residuos, 32.380 quilos de gomas de caucho e calorifugados sen amianto, e 2.815 metros cadrados de materiais de construción con amianto (placas de uralita)».

Dúas testemuñas aseguraron que o amianto recubría o calorifugado das tubaxes da azucreira. A xuíza descarta que a causa da enfermidade por asbesto fose por unha exposición doméstica, e sinala que ten a súa orixe no contacto directo co po de amianto dentro da fábrica.

A letrada que representou á familia indicou que este caso "é novo por canto dáse un centro de traballo totalmente distinto aos recoñecidos polos tribunais nos últimos anos" e que aínda que «non nos atopamos en presenza dunha actividade que, como puidesen ser as de construción naval, ferroviaria, ou industria de automoción ou freos, que utilizan o amianto como materia prima», resulta significativo un Informe Ambiental de desmantelamento e demolición da fábrica de Peñafiel onde se constatan placas de uralita, que non exclúen a presenza de asbesto.

Ao traballador foille diagnosticado un mesotelioma pleural en 2015, xa xubilado. En 2016 o Instituto Nacional da Seguridade Social ditou unha resolución na que declarou que o falecemento do mesmo foi como consecuencia dunha enfermidade profesional.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais