Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
13/7/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Enfermidade profesional. Valoración da sospeita

Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral/Consellería de Saúde da Comunidade de Madrid
Este documento xurde da necesidade de acordar criterios na sospeita, identificación, diagnóstico e a comunicación dos casos de sospeita de enfermidade profesiona, dado que son moitos os axentes implicados no proceso de recoñecemento dunha enfermidade profesional: facultativos do Sistema Público de Saúde, Mutuas, Servizos de Prevención, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Unidades de saúde laboral, autoridades sanitarias, etc.

A elaboración do manual correu a cargo dun grupo de expertos da Administración Autonómica da Comunidade de Madrid, nas Mutuas de Accidentesde traballo, en Saúde Laboral e o INSS. A partires deste grupo inicial creáronse subgrupos de traballo específicos para cada unha das seguintes especialidades: dermatoloxía, infecciosas, pneumoloxía, oncoloxía, traumatología, otorrinolaringología e toxicoloxía, que foron os encargados de elaborar os correspondentes capítulos.

No manual atópanse seleccionadas só algunhas das enfermidades que se inclúen na relación do Real Decreto 1299/2006, de 10 de Noviembre, polo que se aproba o actual cadro de enfermidades profesionais (EEPP) no sistema da Seguridade Social. Como criterios de selección empregaron a frecuencia de aparición e aquelas que puidesen suscitar maior controversia ou dificultade diagnóstica; a información contida para cada unha foi estruturada nos seguintes epígrafes:- aspectos xerais;- anamnesis e exploración: breve descrición de síntomas e signos;- probas diagnósticas: divididas en básicas, considerando como tales aquelas que con carácter xeral resultan imprescindibles para a identificación e o diagnóstico, e especiais, cuxo propósito adoita ser a confirmación diagnóstica cando se precise, normalmente realizada polo especialista;- criterios de asociación clínico-laboral: de exposición, de temporalidade, factores extralaborales e actividades profesionais;- bibliografía.

ÍNDICE TEMÁTICO

Capítulo 1.- Conceptos Xerais

Capítulo 2.- Dermatoloxía

Capítulo 3.- Infecciosas

Capítulo 4.- Neumoloxía

Capítulo 5.- Oncoloxía

Capítulo 6.- Otorrinolaringoloxía

Capítulo 7.- Traumatoloxía

Capítulo 8.- Enfermedades causadas por Axentes Químicos

Ligazón ao texto Enfermidade profesional. Valoración da sospeita

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais