Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/2/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Científicos da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) desenrolan plásticos biodegradables a partir dunha bacteria.

I+D+i
Azotobacter é unha bacteria presente no chan que ademais de ser inocua ten a propiedade de producir un polímero denominado polihidroxibutirato (PHB), 100% biodegradable e biocompatible. Unha boa opción que podería substituír os plásticos convencionais derivados do petróleo e con potencial poder para usarse na biomediciña.

No Instituto de Biotecnoloxía (IBt) da UNAM estudouse a fondo a xenética dese microorganismo; o coñecemento xerado usouse para obter cepas xeneticamente modificadas, capaces de producir máis plástico, e deseñáronse os procesos de cultivo adecuados.

A bacteria non é patóxena e a lista de aplicacións é longa, como na agricultura como fertilizante, pois ten a propiedade de producir amonio a partir de aire; na industria farmacéutica e alimentaria debido ao Alginato que tamén se pode obter desta bacteria

A bacteria non só se modificou para que teña maior produción, senón para que os plásticos posúan propiedades diferentes, deseñando cepas para que sexan máis flexibles.

Esta cepa de Azotobacter ten unha produción de 85 %  de PHB e iso significa que por cada gramo de bacterias, 0.85 gramos é de polímero.

As cadeas de polímero que sintetiza a bacteria son hebras lineais moi longas, cuxo tamaño se pode manipular coas condicións de cultivo que se establecen, e iso é bo en canto ás súas propiedades.

Por ser microorganismos estables facilitouse o desenvolvemento dun bioproceso que sexa como un traxe á medida para este tipo específico de cepas, podéndose alcanzar unha produción alta sen utilizar moitos recursos.

O polímero que se extrae das bacterias é como un po que se pode moldear; por exemplo, como membranas con diferentes espesores, con características de rugosidade distintas e totalmente biodegradables.

Aínda que depende das condicións en que se coloquen os materiais, xa existen resultados de botellas que tardan ao redor dun ano en desaparecen por completo como parte dunha composta ou ao quedar no fondo dun lago. Os microorganismos, fungos e bacterias que se comen este material son moi abundantes. Outra vantaxe é que non se xera ningún composto tóxico durante a súa degradación.

En canto ás condicións ideais para o seu medre (que xa foron identificadas), hai unha gran gama de posibilidades: en termos da súa alimentación, respiración ou a temperatura e pH óptimos para o seu desenvolvemento.

A bacteria aliméntase moi ben de azucres, principalmente sacarosa, glicosa e fructosa. No IBt utilízase a melaza de cana, que é máis barata e contén moito azucre. No desenvolvemento de bioprocesos hai que investigar como darlle para comer, que tipo e cantidade de azucres gústanlle e o tempo óptimo para lograr que creza feliz e que engorde ao máximo.

As bacterias deseñadas para producir máis plástico foron trasladadas desde caixas de Petri a sistemas de cultivo celular: matraces e reactores de tipo tanque axitado. Neses recipientes observouse como crecen, como se comportan, como producen o bioplástico e cales substratos son os máis axeitados para promover o crecemento. Posteriormente, establecéronse estratexias para escalar o proceso a volumes que poden ser, xa non de litros, senón de decenas ou centos de litros.

Os maiores rendementos alcánzanse en 50 ou 60 horas, podéndose facer que creza moi rápido ou lentamente. Outra vantaxe máis da cepa é que, desde a primeira vez que se duplica, todo o tempo produce PHB.

Por último, na parte de aplicación médica os científicos destacaron as probas con osteoblastos (células do óso), e as células do ril, en colaboración coa Facultade de Farmacia da Universidade Autónoma do Estado de Morelos. As células axústanse perfectamente, dadas as características biolóxicas e fisicoquímicas deste tipo de membranas, funcionando perfectamente.

Na actualidade estanse a realizar máis probas con estes materiais, pero sen dúbida as posibilidades que se observan cara a adiante son varias, sobre todo para a área médica.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais