Guía electrónica de substancias perigosas11-09-2025 - EU-OSHAEsta ferramenta electrónica da EU-OSHA para as substancias perigosas e os produtos químicos ten como obxectivo dar apoio ás empresas, especialmente as pequenas e medianas e a empresas que non teñen coñecementos específicos sobre estes asuntos, para a súa xestión das substancias perigosas no lugar de traballo. A ferramenta pretende dar recomendacións, concienciar a empresas e traballadores e facilitar o máis posible a comprobación da súa situación e a aplicación de medidas para a eliminación ou redución de riscos. | ![]() |
|---|
Esta ferramenta electrónica pode axudar a mellorar a seguridade e a saúde na empresa. Respondendo unha serie de preguntas obtense asesoramento adaptado á situación particular. Se se poñen en marcha as recomendacións e medidas que propón a ferramenta, eliminaranse ou reducirán os riscos asociados ás substancias perigosas e as substancias químicas coas que traballa a empresa. A ferramenta tamén proporciona información sobre a normativa que se debe cumprir e como facelo.
Ligazón á Guía electrónica de substancias perigosas