Folleto: Axentes reprotóxicos06-05-2025 - INSSTEste tríptico do INSST, proporciona información sobre os efectos nocivos para a saúde dos axentes reprotóxicos nos lugares de traballo, traña recente incorporación destes axentes no ámbito de aplicación do Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos, mutáxenos e reprotóxicos durante o traballo. |
|---|
O Real Decreto 612/2024, do 2 de xullo, modifica o Real Decreto 665/1997 para incluír no seu ámbito de aplicación aquelas substancias ou mesturas que cumpran os criterios para ser clasificados como tóxicos para a reprodución de categoría 1A ou 1B establecidos no anexo I do Regulamento (CE) n.º 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas.
Os axentes reprotóxicos atópanse presentes en numerosos sectores e poden ter importantes efectos nocivos para a saúde dos traballadores e as traballadoras. Este tríptico contén información para facilitar a identificación destas substancias, dar a coñecer os riscos que pode supoñer a exposición a estes axentes e proporcionar, por tanto, unha ferramenta básica para poder adoptar as medidas pertinentes para evitar ou reducir o risco.
Ligazón ao folleto: Axentes reprotóxicos. INSST 2025