![]() | CATÁSTROFES E FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS. INTRODUCIÓN12-01-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralCo gallo de facilitar a implementación de medidas preventivas fronte a catástrofes e fenómenos meteorolóxicos extremos nos centros de traballo e tamén co obxectivo de facilitar ás nosas delegadas e delegados sindicais documentos de referencia á hora de introducir e negociar estas medidas no marco da negociación colectiva, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG pon a disposición un espazo web específico no que se poderá atopar documentación de elaboración propia para consulta, descarga e impresión, documentos de interese relacionados con esta materia elaborados por distintos organismos e ministerios, Recursos na rede e Lexislación relacionada |
|---|
![]() | VENTOS FORTES E TEMPESTUOSOS20-01-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as medidas preventivas para centros de traballo fronte episodios de ventos fortes e tempestuosos -baseada na Lei de Prevención de Riscos Laborais, a Guía de fenómenos meteorolóxicos adversos do Ministerio de Traballo e Protocolos de seguridade en obras e centros de traballo-, o Plan de emerxencia e autoprotección e o Checklist para a prevención en lugares de traballo fronte ventos fortes e tempestuosos, adaptado ao marco normativo (LPRL, Real Decreto 486/1997 sobre lugares de traballo, Real Decreto 1627/1997 (sector construción), e guías da ITSS e INSST sobre fenómenos meteorolóxicos adversos). |
|---|
![]() | INCENDIOS FORESTAIS E URBANOS03-02-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as medidas preventivas en centros de traballo fronte a incendios forestais e urbanos, plan de autoprotección e procedementos de actuación en centros de traballo fronte a un incendio forestal e/ou urbano, -seguindo a Norma Básica de Autoprotección (Real Decreto 393/2007) e as guías técnicas do MITECO para incendios en interface urbano-forestal, así como criterios de plans especiais autonómicos-, e o Checklist de prevención en lugares de traballo fronte a incendios forestais e urbanos. |
|---|
![]() | INUNDACIÓNS E RIADAS26-01-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as Medidas preventivas nos centros de traballo nos casos de inundacións e riadas, o Plan de autoprotección e os procedementos de actuación en centros de traballo fronte inundacións e riadas, -seguindo a norma básica de autoprotección (Real Decreto 393/2007), e as recomendacións de Protección Civil e do Plan Estatal de inundacións- e o Checklist de plan de emerxencia para inundacións e riadas. |
|---|
![]() | ONDAS DE CALOR E ALTAS TEMPERATURAS16-02-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as Medidas preventivas para centros de traballo fronte ondas de calor e altas temperaturas, o Plan de emerxencia e autoprotección nos centros de traballo fronte a ondas de calor extrema -combinando normativa de prevención de riscos laborais e protocolos específicos de continxencia- e o Checklist de prevención en lugares de traballo fronte a ondas de calor e altas temperaturas. |
|---|
![]() | ONDAS DE FRÍO E BAIXAS TEMPERATURAS10-02-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as Medidas Preventivas para centros de traballo fronte ondas de frío e baixas temperaturas, o Plan de emerxencia e autoprotección en centros de traballo fronte a ondas de frío e baixas temperaturas, -seguindo a norma básica de autoprotección (Real Decreto 393/2007) e as recomendacións de Protección Civil e INSST-, e o Checklist operativo do plan de emerxencia e autoprotección fronte a ondas de frío e baixas temperaturas. |
|---|
![]() | CATÁSTROFES QUÍMICAS EXTERNAS06-02-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as Medidas preventivas en centros de traballo nos que se poden producir verteduras químicas -aliñada co real decreto 374/2001 e as guías do insst sobre riscos químicos-, Medidas preventivas que deben implementarse nos centros de traballo fronte catástrofes exteriores de orixe química, baseadas en protocolos oficiais e recomendacións técnicas, o Plan de emerxencias e autoprotección detallado fronte a catástrofes exteriores de orixe química, adaptado a centros de traballo -que segue as directrices de protección civil e normativa de seguridade industrial- e o Checklist de medidas preventivas fronte a catástrofes químicas externas. |
|---|
![]() | ACTIVIDADE SÍSMICA23-02-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralNesta nova atoparás información sobre as Medidas preventivas en centros de traballo fronte a tremores, o Plan de emerxencia e autoprotección nos centros de traballo fronte a tremores e o Checklist de autoprotección sísmica en centros de traballo. |
|---|
![]() | Lexislación relacionada27-04-2026 - CATÁSTROFES E FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS |
|---|
![]() | Recursos na rede14-01-2026 - CATÁSTROFES E FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS |
|---|
![]() | Documentos de interese12-01-2026 - CATÁSTROFES E FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS |
|---|
![]() | Estudo sobre as repercusións do cambio climático na SST e nova sección web da EU-OSHA «Futuros acontecementos e crises relacionados co cambio climático»18-05-2026 - EU-OSHAO cambio climático e as medidas conexas de acción polo clima están a transformar o mundo laboral, o que conleva novos riscos e profundos cambios. Neste estudo analízase como influirán o cambio climático e os seus efectos globais no emprego e na saúde e seguridade das persoas traballadoras durante os próximos 25 anos. Mediante o uso de escenarios para analizar posibles futuros, pretende axudar ás persoas responsables da formulación de políticas e ás partes interesadas a elaborar políticas de seguridade e saúde no traballo (SST) máis intelixentes, e contribúe a crear contornas laborais que sigan sendo seguras e saudables a medida que as condicións climáticas cambien. |
|---|
![]() | Catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos.05-03-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralAnte os desafíos do cambio climático ou outro tipo de catástrofes, o (Real Decreto-lei 8/2024, do 28 de novembro) contempla permisos remunerados de ata catro días que garantan a seguridade das persoas traballadoras no caso de que sufran risco grave e inminente. Tamén estabelece a obrigatoriedade de que os convenios inclúan un protocolo de actuación que recolla medidas de prevención de riscos especificamente referidas á actuación fronte a catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos. A representación legal das persoas traballadoras conta, a partir de agora, cun novo dereito de información das medidas de actuación previstas con motivo da activación de alertas por catástrofes e outros fenómenos meteorolóxicos adversos e, no seu caso, poderán parar a actividade. |
|---|
![]() | Nova sección web temática da EU-OSHA sobre ou cambio climático e a SST14-01-2026 - EU-OSHAO aumento das temperaturas, a radiación ultravioleta, a contaminación atmosférica e os fenómenos meteorolóxicos extremos están a afectar á seguridade e a saúde no traballo (SST) en case todos os sectores económicos. Estes factores poden aumentar os riscos existentes ou crear outros novos: enfermidades relacionadas coa calor, enfermidades infecciosas, accidentes, alerxias e cancro. Ademais dos efectos físicos, o cambio climático tamén pode afectar á saúde mental das persoas traballadoras. |
|---|