CONTACTO17-11-2025 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL |
|---|
SE QUERES DENUNCIAR ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL30-01-2018 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL |
|---|
GUÍAS DE ACTUACIÓN DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL EN PRL17-11-2025 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL |
|---|
CRITERIOS TÉCNICOS DA DIRECCIÓN XERAL DA ITSS17-11-2025 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL |
|---|
![]() | Actualizadas as Guías de Actuación Inspectora en materia de Prevención de Riscos Laborais18-11-2025 - ITSSA Inspección de Traballo e Seguridade Social actualizou as guías de actuación Inspectora en materia de Prevención de Riscos Laborais. Devanditos documentos poden ser de utilidade ás empresas para xestionar de forma eficiente a PRL nas súas organizacións. |
|---|
Publicado o Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2025-202712-09-2025 - ITSSO plan está estruturado en dous eixos e 17 obxectivos: O eixo 1 céntrase na actividade inspectora e define as liñas de actuación prioritaria en 10 obxectivos que abarcan as relacións laborais individuais e colectivas, seguridade e saúde no traballo, igualdade e non discriminación, promoción e protección do emprego, seguridade social e loita contra o traballo non declarado e o eixo 2 identifica as medidas estruturais, organizativas e operativas. |
|---|
Guía de actuación inspectora Fenómenos meteorolóxicos adversos19-06-2025 - ITSSO obxectivo xeral da presente guía é facilitar a comprobación da xestión preventiva dos riscos asociados aos Fenómenos Meteorolóxicos Adversos nas empresas. Como obxectivos específicos desta guía, pódense citar os seguintes: Expoñer de forma resumida os principais requisitos normativos aplicables; Facilitar a identificación das condicións de traballo a comprobar; Clarificar conceptos técnicos que poden orientar os traballos comprobatorios. |
|---|
Guía europea para Inspectoras e Inspectores de Traballo: Avaliación da calidade das avaliacións de riscos psicosociais25-09-2023 - COMISIÓN EUROPEAO obxectivo desta guía é axudar aos servizos de inspección de traballo a desenvolver procedementos de inspección e aumentar a confianza dos inspectores de traballo á hora de analizar a calidade das avaliacións dos riscos e as medidas de xestión do risco con respecto aos riscos psicosociais. |
|---|
Directrices sobre os principios xerais da inspección do traballo13-05-2022 - OITO obxectivo das Directrices é proporcionar aos constituíntes unha orientación técnica tripartita detallada sobre os principios fundamentais contidos nos Convenios Nº 81 e 129, no contexto das prácticas e os desafíos contemporáneos. |
|---|
Criterio técnico nº 83/2010 sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo16-10-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 16O/a empresario/a está sempre e en todo momento, obrigado/a a adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade e a saúde dos seus traballadores/as. Deber de protección ao que se refire o artigo 14.1 da LPRL, e do que o/a empresario/a non está exonerado en ningún caso. |
|---|
Aspectos críticos da nova Lei 23/2015, de 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social15-10-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 16Segundo consta no Ditame realizado polo Consello Económico e Social (CES) en relación ao Anteproxecto de Lei Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, no ano 2014 a Inspección de Traballo e Seguridade Social levou a cabo 1.161.895 actuacións, das cales 648.119 o foron en materia de Seguridade Social, 306.221 en materia de Seguridade Laboral, 124.382 en Relacións Laborais, 34.660 en Estranxeiría, 4.199 obstrucións, 24.031 informes e 20.283 expedientes en materia de Emprego. |
|---|
O dereito de acceso á documentación preventiva dos/as delegados/as de prevención e o Criterio Técnico CT-43/2005 da Inspección de Traballo e Seguridade Social15-05-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 14O artigo 36.2 b) da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, LPRL, establece literalmente que os/as delegado/as/as de prevención “Terán acceso, coas limitacións previstas no apartado 4 do artigo 22 desta Lei, á información e documentación relativa ás condicións de traballo que sexan necesarias para o exercicio das súas funcións e, en particular, á prevista nos artigos 18 e 23 desta Lei. Cando a información estea suxeita ás limitacións reseñadas, só poderá ser subministrada de xeito que garanta o respecto da confidencialidade”. |
|---|
![]() | A inspección de traballo e seguridade social: un instrumento ao servizo da prevención10-10-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 3Unha das ferramentas que traballadoras e traballadores temos para a preservación e defensa da nosa saúde no traballo, é a Inspección de Traballo e Seguridade Social. As primeiras normas que, dentro do estado español, fan referencia á inspección no eido laboral datan do ano 1906; no ano 1939 crease o Corpo Nacional de Inspectores de Traballo ; logo chegaría a ratificación por parte do estado español do Convenio nº 81 da OIT e a súa adecuación a Dereito coa Lei 39/1962, de Ordenación da Inspección de Traballo; esta Lei estará vixente ata o ano 1997, no que se promulga a Lei 42/1997, en vigor actualmente, que adecúa a Inspección de Traballo e Seguridade Social ao estado autonómico, no que o Estado e as Comunidades Autónomas comparten competencias en materia laboral. |
|---|