Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva / Inspección de Traballo e S.S.

CONTACTO

30-01-2018 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL

SE QUERES DENUNCIAR ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL

30-01-2018 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL

CRITERIOS TÉCNICOS DA DIRECCIÓN XERAL DA ITSS

15-04-2021 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL

PROTOCOLOS E GUÍAS DE ACTUACIÓN DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL

30-01-2018 - INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL

Directrices sobre os principios xerais da inspección do traballo

13-05-2022 - OIT

O obxectivo das Directrices é proporcionar aos constituíntes unha orientación técnica tripartita detallada sobre os principios fundamentais contidos nos Convenios Nº 81 e 129, no contexto das prácticas e os desafíos contemporáneos.

Criterio técnico nº 83/2010 sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo

16-10-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 16

O/a empresario/a está sempre e en todo momento, obrigado/a a adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade e a saúde dos seus traballadores/as. Deber de protección ao que se refire o artigo 14.1 da LPRL, e do que o/a empresario/a non está exonerado en ningún caso.

Aspectos críticos da nova Lei 23/2015, de 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social

15-10-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 16

Segundo consta no Ditame realizado polo Consello Económico e Social (CES) en relación ao Anteproxecto de Lei Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, no ano 2014 a Inspección de Traballo e Seguridade Social levou a cabo 1.161.895 actuacións, das cales 648.119 o foron en materia de Seguridade Social, 306.221 en materia de Seguridade Laboral, 124.382 en Relacións Laborais, 34.660 en Estranxeiría, 4.199 obstrucións, 24.031 informes e 20.283 expedientes en materia de Emprego.

O dereito de acceso á documentación preventiva dos/as delegados/as de prevención e o Criterio Técnico CT-43/2005 da Inspección de Traballo e Seguridade Social

15-05-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 14

O artigo 36.2 b) da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, LPRL, establece literalmente que os/as delegado/as/as de prevención “Terán acceso, coas limitacións previstas no apartado 4 do artigo 22 desta Lei, á información e documentación relativa ás condicións de traballo que sexan necesarias para o exercicio das súas funcións e, en particular, á prevista nos artigos 18 e 23 desta Lei. Cando a información estea suxeita ás limitacións reseñadas, só poderá ser subministrada de xeito que garanta o respecto da confidencialidade”.

A inspección de traballo e seguridade social: un instrumento ao servizo da prevención

10-10-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 3

Unha das ferramentas que traballadoras e traballadores temos para a preservación e defensa da nosa saúde no traballo, é a Inspección de Traballo e Seguridade Social. As primeiras normas que, dentro do estado español, fan referencia á inspección no eido laboral datan do ano 1906; no ano 1939 crease o Corpo Nacional de Inspectores de Traballo ; logo chegaría a ratificación por parte do estado español do Convenio nº 81 da OIT e a súa adecuación a Dereito coa Lei 39/1962, de Ordenación da Inspección de Traballo; esta Lei estará vixente ata o ano 1997, no que se promulga a Lei 42/1997, en vigor actualmente, que adecúa a Inspección de Traballo e Seguridade Social ao estado autonómico, no que o Estado e as Comunidades Autónomas comparten competencias en materia laboral.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS