![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Coronavirus | Lexislación | Delegados | Actuación preventiva | Riscos específicos | Boletín CIG - Saúde Laboral | Asesoramento técnico |
![]() | Boletín CIG Saúde Laboral Nº 7027-10-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralO 3 de xullo de 2025 publicouse no BOE a Resolución que incorpora o Convenio subscrito o 9 de xuño de 2025 entre o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA), as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e a Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais (AMAT), co fin “teórico” de mellorar a xestión da incapacidade temporal e a asistencia sanitaria das persoas traballadoras afectados. O convenio estabelece un marco de colaboración para “en principio” axilizar e optimizar a prestación económica da incapacidade temporal por continxencias comúns, así como os procesos diagnósticos, terapéuticos e rehabilitadores que INGESA facilite ás mutuas, sempre co consentimento informado do paciente e dentro das funcións propias de cada parte asinante. Esta última reforma do ano 2025 supón un cambio significativo no papel das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, especialmente no tratamento de problemas musculoesqueléticos derivados de continxencias comúns. O INGESA é o “servizo de saúde” estatal para Ceuta e Melilla, con funcións equivalentes ás dun servizo autonómico. |
|---|
![]() | Control biolóxico da exposición a metais pesados da poboación traballadora nunha planta de incineración de residuos sólidos urbanos26-10-2026 - SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLOEste artigo do INSST, publicado na revista Seguridade e Saúde no Traballo Nº 122, presenta como o control biolóxico permite avaliar a absorción de metais pesados en persoas traballadoras de plantas de incineración, complementando o control ambiental e reforzando a prevención de riscos derivados de axentes tóxicos. |
|---|
![]() | A desconexión dixital no ámbito laboral22-10-2026 - Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos LaboralesO Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales vén de publicar un novo material divulgativo en formato políptico centrado no dereito á desconexión dixital no ámbito laboral, co obxectivo de sensibilizar sobre os riscos da hiperconectividade e protexer a saúde e o descanso das persoas traballadoras. |
|---|
![]() | Guía para a prevención de riscos laborais na renovación e mantemento de superestruturas ferroviarias15-10-2026 - OSALANA Guía para a prevención de riscos laborais na renovación e mantemento de superestruturas ferroviarias, publicada por OSALAN en setembro de 2026, constitúe unha ferramenta técnica de referencia esencial para garantir a seguridade das persoas traballadoras no sector ferroviario. Este documento nace como o segundo volume da guía de obra nova editada en 2021, co obxectivo de dar continuidade e resposta específica ás necesidades preventivas nun ámbito de alta complexidade operativa. |
|---|
![]() | Luvas de protección para salóns de peiteado23-10-2026 - INSSTNas ctividades como as de salón de peiteado, barbaría, manicura e pedicura faise uso de produtos cosméticos presentados en forma de xeles, emulsións, cremas e líquidos que poden presentar na súa composición ingredientes clasificados como axentes químicos perigosos para a saúde que, tras o uso continuado polos profesionais do sector, poderían causar efectos prexudiciais. A adecuada selección e utilización de luvas de protección é unha das medidas preventivas clave para reducir o risco por contacto con estes axentes. |
|---|
Novos recursos da EU-OSHA sobre a saúde cardiovascular no lugar de traballo19-10-2026 - EU-OSHAAs enfermidades cardiovasculares causan 1,71 millóns de mortes ao ano na UE. Ademais, son a segunda causa máis frecuente de accidentes laborais mortais. No marco do programa de investigación a grande escala da EU-OSHA sobre este tema, unha serie de novas publicacións analizan a normativa, as estratexias e as iniciativas existentes destinadas a previr as enfermidades cardiovasculares e a promover unha reintegración eficaz no mercado laboral, así como a continuidade na vida activa. |
|---|
![]() | Guía "Nutrición e Saúde Laboral"20-10-2026 - INSSTA guía "Nutrición e Saúde Laboral" do INSST, aborda a relación entre a alimentación e o benestar na contorna de traballo, proporcionando recomendacións prácticas baseadas na evidencia científica para promover hábitos alimentarios saudables entre as persoas traballadoras. O seu obxectivo principal é facilitar ferramentas e criterios técnicos que permitan integrar a nutrición como un elemento clave dentro das estratexias de promoción da saúde no ámbito laboral, contribuíndo a mellorar a saúde física e mental. |
|---|
![]() | A OIT chama a reforzar a seguridade e a saúde no comercio minorista14-10-2026 - OITAs conclusións tripartitas da reunión celebrada na OIT piden reforzar a prevención e a protección das persoas traballadoras ante as transformacións do sector do comercio minorista. Adoptadas durante unha reunión técnica da OIT celebrada en Xenebra do 28 de setembro ao 2 de outubro, as conclusións abarcan as empresas e as distintas modalidades de traballo do comercio minorista, incluídos os servizos de almacenamento e distribución. Reafirman que unha contorna de traballo segura e saudable é un principio e dereito fundamental no traballo que se aplica a todas as persoas traballadoras. |
|---|
![]() | Índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. SETEMBRO 2025 AGOSTO 202616-10-2026 - INSSTComparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre SETEMBRO 2025 AGOSTO 2026. |
|---|
![]() | A Eurocámara endurece os límites de exposición laboral a químicos usados en sectores como a fabricación de baterías, a siderurxia, a industria química e a textil09-10-2026 - PARLAMENTO EUROPEOA Eurocámara aproba a sexta revisión da directiva sobre substancias perigosas fixando topes idénticos en toda a UE para compostos clave como o isopreno ou o cobalto, que afectan as industrias química, do caucho, de fabricación de baterías, téxtil, metalúrxica e siderúrxica. Desta forma, búscase mellorar a saúde laboral das persoas traballadoras, reducindo os falecementos e enfermidades. |
|---|