Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Cómo preparar unha notificación de clasificación e etiquetado
29/11/2016 Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA)
A Axencia Europea de Substancia e Mesturas Químicas, ven de publicar a versión en castelán desta guía cuia primeira edición en inglés saiu a luz no mes de abril; este documento ten como finalidade facilitar ás empresas a presentación dos expedientes de notificación de clasificación e etiquetaxe (C&L) en IUCLID con arranxo ao Regulamento CLP (CE) nº 1272/2008.
Manual de boas prácticas de prevención de riscos laborais no sector da hostalaría: bares e restaurantes
23/11/2016 OSALÁN
Publicación elaborada por OSALÁN, Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laborais, coa colaboración da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Euskadi (UPTA Euskadi). Os contidos contidos na Guía presentanse agrupados por bloques temáticos: riscos asociados ás condicións dos centros de traballo, riscos asociados ás condicións ambientais, riscos ergonómicos, riscos asociados á manipulación de alimentos, riscos asociados ao uso de produtos de limpeza, riscos psicosociais. En cada bloque, analízanse os riscos do sector incluíndo factores de risco e recomendacións.
Imaxen da Axencia Europea
21/11/2016 EU-OSHA
O emprego de fármacos por razóns non médicas como potenciadores cognitivos está cada vez máis extendido entre algúns grupos de traballadores/as. Na sociedade, cada vez máis competitiva tanto socialmente como no ámbito laboral, parece que o uso destes fármacos é necesario para medrar. Os efectos a longo prazo nos traballadores/as que as inxeren son polo momento unha incógnita. Este texto describe fármacos que melloran o rendemento, os seus efectos, e as implicacións que poden ter para a seguridade e a saúde laboral.
Os ACTÚA do ISSGA
18/11/2016 ISSGA
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ten editado unha colección de documentos relacionados co sector vitivinícola que recolle de forma sinxela e visual as tarefas que se realizan e a maquinaria que se emprega. Os documentos fan referencia ao traballo nas viñas, nas adegas e na vendima.
Imaxen da Axencia Europea
16/11/2016 EU-OSHA
Documento elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo no que se describen os principais riscos que poden resultar deste novo xeito de traballo. O desenvolvemento da tecnoloxía posibilita a "recolocación" dos postos de traballo fora dos espazos tradicionais ao mesmo tempo que da lugar a novas formas de organización do traballo. O acelerado crecemento desta forma de traballo crea desafíos considerábeis; no texto se revisan algúns exemplos de temas non resoltos.
Imaxen da Axencia Europea
11/11/2016 EU-OSHA
Documento elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo no que se teñen en consideración as implicacións que para a saúde laboral teñen as innovacións en materia de robótica e intelixencia artificial no eido laboral. O texto describe o uso presente de robots e máquinas intelixentes, fala a seguranza laboral e as implicacións de saúde deste campo e realiza proxeccións futuras sobre o emprego da tecnoloxía robótica nunha era onde os robots poden devir axudantes humanos e, no longo-corrido, mesmo co-traballadores.
EUROGIP
10/11/2016 EUROGIP
EUROGIP, organismo francés que ten como finalidade o estudo das cuestións relativas á seguridade, prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais tanto no plano europeo como internacional, publica os resultados dun estudo comparativo no recoñecemento de trastornos musculoesqueléticos de orixe laboral (MSDs) en 10 países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Italia, Suecia e Suíza.
Roadmap on carcinogens
8/11/2016 Hixiene
Este proxecto, dispoñible dende o 10 de outubro, está apoiado pola Confederación Europea de Sindicatos, Business Europe (patronal europea), a Comisión Europea, a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo e dúas presidencias da UE (Países Baixos e Austria), socios na campaña europea "Folla de ruta sobre canceríxenos", lanzada en Ámsterdam en maio de 2016.
Identificación, avaliación e prevención do risco de carga física na pesca. Modalidade de cerco
7/11/2016 INSHT
A pesca é unha actividade cunha alta carga de requirimentos físicos. A adopción de posturas forzadas e os movementos repetidos durante unha parte importante da xornada, vense agravados por dúas circunstancias sumamente importantes: a realización do traballo no exterior, cunhas condicións ambientais moi distintas dependendo da época do ano e as especiais condicións do lugar de traballo, exposto a continuos e, ás veces, bruscos movementos. Este documento técnico elaborado polo INSHT proporciona por unha banda unha serie de orientacións para a identificación e avaliación dos riscos de carga física na pesca de cerco, principalmente en embarcacións menores de 24 metros de eslora, e, por outra, propón un conxunto de medidas e de boas prácticas destinadas á prevención deste tipo de riscos.
INSHT Boas prácticas
30/9/2016 INSHT
O INSHT pon a disposición unha serie de infografías e vídeos divulgativos sobre alimentación saudable, posturas de traballo inaxeitadas, hixiene do sono e sedentarismo.
Ruído en embarcacións de pesca
28/9/2016 INSHT
Folleto editado polo INSHT orientado a facilitar a selección de equipos de protección individual de protección auditiva a bordo de embarcacións de pesca. A perda auditiva por ruído representou o segundo diagnóstico máis frecuente entre as enfermidades profesionais declaradas neste sector durante o período 2007-2012. Ademais da perda auditiva, a exposición ao ruído provoca outros efectos non auditivos que poden incidir sobre a seguridade e saúde dos traballadores
Medicamentos perigosos. Medidas de prevención para a súa preparación e administración
22/9/2016 INSHT
Os traballadores do sector sanitario están expostos a unha serie de riscos de orixe química que tradicionalmente foron identificados e valorados: gases anestésicos, formaldehído, óxido de etileno e citostáticos, entre outros. Dende hai un tempo, está a estudarse máis profundamente da exposición a estes últimos, estendéndoa a todos aqueles medicamentos, citostáticos ou non, que son manexados e administrados polo persoal sanitario e sobre os que deben tomarse unha serie de precaucións pois poden resultar perigosos para os traballadores/as que os manexan. O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene de Estadios Unidos (NIOSH), ao longo destes últimos anos publicou unha serie de documentos sobre esta cuestión que se consideraron como de referencia.
Guía non vinculante de boas prácticas para a aplicación da Directiva 2013/35/UE sobre campos electromagnéticos.
21/9/2016 Comisión Europea
A Directiva 2013/35/UE (CEM) estabelece as disposicións mínimas de seguridade relativas á exposición de traballadores e traballadoras aos riscos derivados dos campos electromagnéticos. A Guía pretende axudar a comprender como pode verse afectado pola Directiva CEM o traballo nas pemes. A guía non é xuridicamente vinculante e non achega unha interpretación das disposicións legais específicas que deban cumprirse. Debe, polo tanto, lerse en conxunción coa Directiva CEM, a Directiva Marco 89/391/CEE e a lexislación nacional pertinente.
app
2/9/2016 NIOSH
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral (NIOSH) dos EEUU pon a disposición de usuarios/as unha nova versión en formato app da Guía de peto sobre Perigos Químicos. A aplicación pódese empregar en calquera dispositivo con navegador web. Esta guía ofrece información xeral de hixiene industrial para máis de 600 de productos químicos, axudando a usuarios/as a detectar e controlar os perigos químicos no traballo.
ntp 2
22/8/2016 INSHT
O INSHT publicou recentemente a serie 31, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 1066 a 1077.
Análise da exposición ao ruído a bordo de embarcacións de pesca
18/7/2016 INSHT
O obxecto deste estudo elaborado polo INSHT é caracterizar os niveis de ruído típicos existentes nas diversas zonas de estancia e traballo a bordo de embarcacións de pesca con eslora inferior a 24 metros. Hai que ter en conta que a tripulación atópase exposta a altos niveis de ruído de xeito constante, pois o barco é centro de traballo e lugar de descanso.
Non te metas nun berenxenal
7/7/2016 INSHT
O INSHT publica este cartel coa intención de sensibilizar a traballadores/as sobre os riscos aos que se expoñen durante a reentrada e informar a empresarios/as das obrigacións a este respecto que se inclúen na lexislación sobre o uso sustentable de produtos fitosanitarios e outras consideracións que debe ter en conta para garantir a saúde dos seus traballadores/as. A exposición aos residuos de produtos fitosanitarios destes traballadores pode chegar a ser de magnitude similar ou mesmo superior á exposición durante as tarefas de mestura, carga e aplicación dos mesmos. Ademais hai que ter en conta que a percepción do risco que teñen os traballadores expostos a residuos do produto, ás veces non visibles, é menor que a dos responsables do tratamento fitosanitario.
Que a calor non te queime
15/6/2016 INSHT
O INSHT publica a infografía " Que a calor non te queime!", tendo en conta que durante a época estival a exposición á radiación solar é intensa en actividades que se realizan á intemperie, incrementándose a posibilidade de que un traballador/a sufra un golpe de calor.
osalan guía transporte estrada
2/6/2016 OSALAN
OSALAN-Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral- publicou un manual de boas prácticas para a prevención de riscos laborais no transporte de mercadorías e outras actividades por estrada.
App emprego seguro de escadas
20/5/2016 NIOSH
Aplicación para smartphone de NIOSH (The National Institute for Occupational Safety and Health), deseñada para mellorar a seguridade no emprego de escadas de man. A aplicación ofrece guías de emprego e ferramentas interactivas para previr as causas principais das caídas.
Análise das funcións do coordinador de seguridade e saúde
20/5/2016 Seguretat i Salut Laboral
Esta publicación resulta da análise das funcións do coordinador/a de seguridade e saúde no ámbito da construción; presta atención ás relacións entre os profesionais, aos que se dirixe á publicación, que interveñen na obra, tanto na fase de elaboración como de execución do proxecto: promotores, empresarios, coordinadores de seguridade e saúde, responsables de dirección de obra, proxectistas, técnicos de saguridade das empresas construtoras, cargos intermedios con responsabilidades en prevención de riscos laborais, representantes dos traballadores. Este documento pretende sensibilizar aos profesionais implicados sobre a importancia da figura de coordinador/a de seguridade e saúde, aportando elementos que axuden a aclarar as posibles dúbidas que se prantexen na interpretación da normativa existente sobre este tema.
INSHT
19/5/2016 INSHT
Na web do INHST atópanse 11 novas Notas Técnicas de Prevención, as que van da 1055 á 1065. En relación ás temáticas indicar que se tratan a Calidade de aire interior, Resonancia magnética, Primeiros auxilios, Escenarios de exposición de REACH, Fosos de inspección de vehículos, Instalacións de gas, Clasificación de mesturas. Regulamento CLP, Infraestruturas ferroviarias, Xestión psicosocial e Seguridade no laboratorio.
Estudos sobre exposición a axentes canceríxenos en ind. agricultura e gandeiría, construción e transformadoras
18/5/2016 Safe Work Australia
Safe Work Australia ven de presentar tres estudios sobre a exposición a axentes canceríxenos nos sectores agrícola e gandeiro, na construción e nas industrias transformadoras. Os estudos realizáronse a partir da información proporcionada por una mostra representativa de traballadores/as e considerando 38 agentes canceríxenos seleccionados previamente (todos eles clasificados pola IARC dentro dos grupos 1,canceríxeno en humanos, ou 2A, probablemente canceríxeno en humanos) e se identificaron as exposicións aos mesmos de forma indirecta: a partir de tarefas que os/as traballadores afirmaron realizar.
Residuos con amianto: dende o produtor ao xestor
16/5/2016 INSHT
Documento divulgativo elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que se realiza un percorrido dende la producción do residuo de amianto ata o seu tratamento final, analizando as figuras participantes en cada unha das etapas así como a lexislación vixente ao respecto.
Manual de métodos analíticos
6/5/2016 NIOSH
Está a disposición a quinta edición do Manual de métodos analíticos de NIOSH (National Institute for Occupational Safety and Health) coñecido polas súas siglas en inglés: NMAM (NIOSH Manual of Analytical Methods). O manual de métodos analíticos de NIOSH é un documento moi empregado polos hixienistas industriais a nivel mundial. Segundo datos proporcionados por NIOSH, en 2015 este manual recibiu medio millón de consultas e cada método foi descargado unha media de 622 veces.
Determinación da incertidume de medida de axentes químicos
5/5/2016 INSHT
Publicado o CR-09/2015 con denominación "Determinación da incertidume de medida de axentes químicos. Utilización dos resultados de participación de programas de ensaios de aptitude na estimación da incertidume de medida dun procedemento analítico.
Nanomateriais exposición laboral e medidas preventivas
4/5/2016 Nanomateriais
Espazo Web creado polo Departament d'Empresa i Coneixement da Generaritat de Catalunya, que busca recoller información referente ao emprego de nanomateriais así como das medidas preventivas qu deben terse en conta no seu emprego.
Calculador Superficie mínima libre por traballador
1/4/2016 INSHT
O calculador "Superficie mínima por traballador" engádese aos xa existentes no espazo específico adicado a calculadores na web do INSHT. Neste caso, facilítase o cálculo da superficie libre mínima por traballador/a en diferentes espazos de traballo tendo en conta a esixencia do Real Decreto 486/1997, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.
App INSHT 2
31/3/2016 INSHT
As novas app están referidas ao almacenamiento de produtos químicos (APQ) e a exposición a vibracións. Como no caso das aplicacións que o INSHT tiña xa a disposición dos usuarios, estas novas app poden ser descargadas no smartphone ou a tablet do técnico como ferramentas de axuda para determinados cálculos e chequeos, consultas on line e o envío a un pc dos datos consultados ou calculados.
Situacións de traballo perigosas
23/3/2016 INSHT
A base de "Accidentes de traballo investigados", BINVAC, está aloxada no portal do INSHT "Situacións de traballo peligrosas". Na base descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou se poden producir danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención, así como as medidas preventivas adecuadas. Na actualización inclúense dúas novas fichas, unha referida a un accidente por caída desde altura e outra que trata dunha explosión en atmósferas explosivas.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais