Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 11/1/2018
Sentenza
Un xulgado revoga unha incapacidade concedida polo INSS por exposición ao amianto
Un xulgado do social de Donostia revogou a incapacidade permanente absoluta que o INSS concedera a un traballador, considerando que o carcinoma pulmonar que sufría derivaba da súa exposición laboral ao amianto. O xulgado estima o recurso interposto por unha mutua revogando a concesión da continxencia como profesional e a incapacidade que o INSS recoñecera ao traballador en 2016.

SENTENZA AMIANTO
O traballador entrou de aprendiz en 1970 na empresa onde estivo ocupado máis de 46 anos; as súas tarefas consistían en cortar tubaxes forradas de amianto ou ferros de fibrocemento, para substituílas por outras de poliéster ou impermeabilizar superficies e recubrir os tellados das naves industriais, para evitar as pingueiras. A súa actividade tiña lugar maioritariamente fora da empresa, en diferentes industrias. O traballador non empregou medidas preventivas específicas, dado que descoñecía os riscos.A mutua recorreu a decisión do INSS de concederlle unha incapacidade ante o Xulgado do Social número 4 de San Sebastián, reclamendo á vez que o seu período de baixa fose considerado como derivado dunha enfermidade común, alegando que a doenza derivaba do seu hábito de fumar. No recurso a mutua alegou tamén que nas instalacións da empresa non se manipulaba amianto. Finalmente, o xulgado concluíu que as lesións padecidas polo traballador son derivadas dunha enfermidade común. A Asociación de Víctimas do Amianto de Euskadi (Asviamie), anunciou que recorrerá esta resolución e lembrou que este xulgado conta xa con "reiteradas" sentenzas por exposición ao amianto " negacionistas" da súa relación laboral, aínda  "varias delas" foron "revogadas polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco".

 

1