Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 2/11/2017
NIOSH
App para avaliar o levantamento de cargas
NIOSH lanzou recentemente unha aplicación para dispositivos móbiles, NLE Calc, que axuda aos usuarios a determinar uns límites de elevación de carga seguros.

Calculador peso NIOSH

A nova aplicación de NIOSH obtén a información da "Revised NIOSH Lifting Equation" fóra do laboratorio e a deixa en mans de traballadores e empregadores.

Coa Ecuación de Niosh é posible avaliar tarefas nas que se realizan levantamentos de carga. O resultado da aplicación da ecuación é o Peso Máximo Recomendado (RWL: Recommended Weight Limit) que se define como o peso máximo que é recomendable levantar nas condicións do posto para evitar o risco de lumbalxias ou problemas de costas.

Ademais, a partir do resultado da aplicación da ecuación, obtense unha valoración da posibilidade de aparición de trastornos como os citados dadas as condicións do levantamento e o peso levantado. Os resultados intermedios obtidos durante a aplicación da ecuación serven de guía para establecer os cambios para introducir no posto para mellorar as condicións do levantamento.

Ligazón para descargar a aplicación.

 

Fonte: NIOSH

 

1