Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE Orde TEC/1196/2018, Seguridade MineiraBOE Resolución 6-11-18 retribucións IT por C. común Letrados AdministraciónDOUE Resolución consecuencias sociais e ambientais residuos
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 29

11-10-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Son moitos os elementos potencialmente carcinóxenos que actualmente podemos atoparnos nas contornas de traballo, que interveñen en distintos procesos produtivos ou incluso son consecuencia dos mesmos. Neste senso resulta preocupante que sexan moi numerosas as empresas e moi numerosos os/as traballadores/as, que non son conscientes desta situación. No marco da UE cada ano calcúlase que 120.000 traballadores/as vense afectados por un cancro de orixe laboral que remata costando ao redor de 80.000 vidas humanas, sendo a primeira causa de morte relacionada co traballo.

Material didáctico de PRL para a Formación Profesional

16-11-2018 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición 26 Manuais Básicos de Prevención, 26 carteis e 26 vídeos orientados a alumnos de formación profesional, que servirán de material de apoio para o profesorado no seu labor de sensibilizar e concienciar ao alumno sobre a importancia da prevención de riscos laborais no seu futuro profesional.

A Xunta desenvolverá unha campaña en 208 concellos de Galiza para concienciar sobre os riscos no manexo do tractor

14-11-2018 - ISSGA

O obxectivo da campaña é concienciar e reducir a sinistralidade neste sector, especialmente no eido rural, sensibilizando á poboación para que incorpore nas súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas.

Sinistralidade na UE

13-11-2018 - EUROSTAT

Este artigo, publicado en 2018, presenta unha serie de achados estatísticos en relación cos indicadores relacionados con accidentes mortais e non mortais no traballo na Unión Europea (UE); As estatísticas presentadas recompiláronse no marco do exercicio de recompilación de datos administrativos das estatísticas europeas sobre accidentes no traballo ( ESAW).

Islandia incorpórase aos compromisos do Protocolo de Kioto

12-11-2018 - PROTOCOLO DE KIOTO

O acordo, que foi publicado o 12 de novembro no Boletín Oficial do Estado (BOE), establece que Islandia participará no cumprimento conxunto dos compromisos da Unión Europea e os seus Estados membro para o segundo período de compromiso do Protocolo de Kioto da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático, que se adoptou en Bruxelas o 1 de abril de 2015.

O Tribunal Supremo fixa cando é obrigatorio o recoñecemento médico dos traballadores nunha empresa

09-11-2018 - SENTENZA -LEMBRA-

O Tribunal Supremo ten clarexado en que circunstancias unha empresa pode obrigar aos seus empregados a someterse ao recoñecemento médico. Un trámite que, tal e como consagra a Lei de Prevención de Riscos Laborais e en virtude do dereito á intimidade dos empregados, require normalmente do seu previo consentimento.

Vinteun meses de cárcere a un empresario polo accidente grave dun dos seus empregados

08-11-2018 - SENTENCA

A Audiencia Provincial de Xaen ten confirmado a condea de 21 meses de cárcere para o propietario dunha empresa de Martos adicada á pintura de edificios, polo grave accidente laboral que sufriu un dos seus empregados. O traballador precipitouse dende o tellado da nave que estaba a pintar nun polígono industrial. A caída dende nove metros de altura foi dunha extraordinaria dureza, a resultas da cal o traballador resultou gravemente ferido e estivo case dous meses hospitalizado.

Solicitan 3 anos de cárcere para a administradora e o técnico de prevención de riscos laborais dunha empresa de Motril

07-11-2018 - ACCIDENTE LABORAL

O Xulgado do Penal 2 de Motril acolle este venres o xuízo polo accidente laboral rexistrado en xullo de 2014 na fábrica de Ron Montero da localidade, que se saldou con tres traballadores feridos graves, un dos cales faleceu días despois nun centro hospitalario.

Inspección de Traballo sanciona ao Metro de Madrid por non realizar controis médicos obrigatorios polo amianto

06-11-2018 - AMIANTO

A Inspección de Traballo sancionou ao Metro de Madrid con 30.000 euros por non realizar exames médicos obrigatorios a todos os seus empregados para determinar se están afectados pola exposición prolongada ao amianto existente aínda na rede pública de transporte.

Guía para as actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de seguridade viaria nas empresas

05-11-2018 - ITSS -LEMBRA-

Guía elaborada pola Inspección de Traballo para servir de axuda aos inspectoresas no exercicio do seu traballo en relación coa seguridade viaria, unha cuestión que, segundo os autores da Guía, queda incluída “dentro da actuación inspectora ordinaria, da fiscalización das condicións de seguridade e saúde relativas á condución de vehículos, no marco dunha relación laboral, entendendo que forman parte da vixilancia e control ordinaria da prevención de riscos laborais, independentemente da intervención nese mesmo campo doutras Administracións tamén competentes”.

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS