Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
9/11/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Dicamba: a nova polémica sobre herbicidas e transxénicos

Medio ambiente
Mentras na UE está a estudarse unha moratoria para o glifosato (a actual vence a finais de decembro), algúns estados dos EEUU acaban de prohibir o uso do dicamba, un principio activo empregado en diversas marcas comerciais de herbicidas que se absorve polas raíces e polas partes aéreas das plantas, mentras se estudan os seus efectos; aínda que o dicamba ven de empregarse dende finais da década de 1960, en aplicacións previas a que as plantas saian do chan, está de actualidade pois a empresa Monsanto desenvolveu recentemente sementes de soia e algodón xeneticamente modificadas para tolerarlo, tecnoloxía aprobada polas autoridades estadounidenses no 2016. O emprego deste herbicida en combinación coas sementes modificadas promete un mellor control das herbas non desexadas, logo de que estas desenvolveran resistencia aos herbicidas con presenza de glifosato.

O sistema dicamba, aprobado para o seu uso por primeira vez esta primavera, derivou dos campos onde foi empregado, danando millóns de acres de soia desprotexida e outros cultivos. Os críticos din que o herbicida foi aprobado por funcionarios federais sen datos suficientes, baixo a enorme presión dos departamentos de agricultura estatais, grupos industriais e asociacións de agricultores.

Existen informes que indican que o dicamba se "volatiliza" e volve a vaporizar viaxando a outros campos. Isto dana as árbores próximas, así como as soias, froitas e verduras non resistentes, e as plantas utilizadas como hábitat polas abellas e outros polinizadores. A Axencia Ambiental dos Estados Unidos (EPA), indica que os residuos de dicamba dispersaronse involuntariamente en más de 1,5 millóns de hectáreas de soia. Os campos de tomates, sandías, melones, cabazas, verduras, tabaco, vides, xardíns privados ou a produción de colmeas tamén se viron afectados; nos últimos meses foron presentadas un total de 2.708 reclamacións de agricultores afectados polo dicamba.

A teor dunha avaliación de 2004, o dicamba é de 75 a 400 veces máis perigoso para as plantas fóra de destino que o herbicida común, mesmo a doses moi baixas. É particularmente tóxico para a soia que non foi modificada para a resistencia. Segundo datos estimados por investigadores da Universidade de Missouri, máis de 3,1 millóns de acres de soia foron danados por dicamba en polo menos 16 estados, incluíndo grandes produtores como Iowa, Illinois e Minnesota, o que representa un 4 por cento de todas as hectáreas de soia dos EEUU. "É realmente difícil entender o grao de dano", segundo un profesor de agronomía na Universidade Estatal de Iowa. "Pero cheguei á conclusión de que o dicamba non é manexable".

Aínda que os fabricantes de pesticidas a miúdo fornecen novos produtos a investigadores universitarios para levar a cabo probas de campo en ambientes variados, e empresa Monsanto recoñeceu que non permitiu que as probas do seu dicamba comercializado puidesen retrasar o rexistro do producto . "Monsanto en particular fixo moi pouco traballo de campo de volatilidade", dixo un profesor de agronomía da Universidade de Arkansas, a quen se lle negou o acceso para probar a volatilidade do produto de Monsanto.

Na imaxe pranta de amaranto (crece en campos de algodón e soia e desenvolveu resistencia a algúns pesticidas), en campos de soia debilitados polo uso próximo de dicamba. (Andrea Morais / Washington Post)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais