Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
8/11/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Segundo o propio Consello Económico e Social (CES), moi contrariamente ao ampla e interesadamente difundido polo Goberno do PP, os/as traballadores/as do Estado español son moito menos absentistas que o conxunto dos europeos.

CES
Efectivamente. A verdade explicada e argumentada insistentemente por este Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG a través de diversos artigos do seu Boletín CIG Saúde Laboral: os/as traballadores/as do conxunto do Estado, contrariamente ao que ten difundido o Goberno do PP e os seus medios de comunicación afíns, son os menos absentistas de Europa.

Así é, no último número da revista Cauces, que edita o Consello Económico e Social, inclúese un amplo artigo titulado AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA SEXTA ENQUISA EUROPEA E OS SEUS RESULTADOS PARA ESPAÑA no que se realiza unha ampla análise dos resultados da devandita enquisa que a Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo (Eurofound) -organismo da Unión Europea creado para contribuír á planificación de mellores condicións de vida e traballo en Europa-, vén elaborando cada cinco anos, dende 1991. O obxectivo final é facilitar aos actores que interveñen no ámbito da política social o intercambio de información relevante para contribuír a xestionar mellor as relacións laborais.

Segundo recolle o artigo en cuestión, o 37 por 100 dos/as traballadores/as españois considera que a súa saúde vese afectada negativamente polo seu traballo, preocupación que aumentou preto de dez puntos nos últimos anos, principalmente entre os traballadores/as da construción e o sector sanitario. Entre as consecuencias que principalmente destacan os/as entrevistados/as seguen prevalecendo os trastornos musculoesqueléticos, xunto co cansazo xeral (45%), cefaleas ou fatiga visual (36%), e a ansiedade (17%), o que supera considerablemente a percepción que tiñan no informe de hai cinco anos. Resultados estes que deberían dar pé a reconsiderar a eficacia dos instrumentos, estratexias e políticas que se están a aplicar na saúde laboral.

No absentismo laboral por motivos de enfermidade, é onde se observa a segunda maior diferenza nesta enquisa con respecto ao resto da Unión Europea. Así, preguntados polos días que faltaron ao traballo nos últimos 12 meses por motivos de saúde, o 73% dos/as entrevistados/as afirmou non faltar nin un día, fronte ao 55% na media da UE. O 23%  faltaron entre 1 e 15 días (fronte ao 37% na UE), e máis de 15 días no Estado español faltaron só o 5%, cando no resto da Unión Europea a porcentaxe é do 8%. Circunstancias estas que parecen responder máis a un obrigado e imposto presentismo marcado polas circunstancias do emprego no Estado español, que a unha saúde dos/as asalariados/as españois por riba  da media europea.

 

Fonte: Revista Cauces (CES).

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais