Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
6/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Incapacidade permanente para un traballador que sufriu un accidente de tráfico sen estar dado de alta

Sentenza
A Sala do Social do Tribunal Supremo, dictamina que a Seguridade Social ten que conceder unha pensión de incapacidade permanente total a un albanel que sufriu un accidente sen estar dado de alta. O accidente de tráfico tivo lugar no espazo de tempo que quedou entre que o traballador cesou de xeito voluntario na empresa (coa intención de continuar a traballar noutra empresa do sector) e o inicio da actividade na outra empresa.

O traballador solicitou ao INSS a incapacidade permanente, demanda recoñecida en parte polo xulgado do social de Palma de Mallorca pero desestimada posteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares. En defensa do traballador, o letrado volveu interpoñer recurso de casación ante o Supremo que concluíu dando a razón aos demandantes.No seu auto onde se unifica doutrina, o Alto Tribunal considera que o traballador non tiña vontade de abandonar o mercado laboral senón de continuar nunha nova actividade e por iso pide aplicar "con flexibilidade" os requisitos aos que obriga o INSS para conceder unha pensión por incapacidade permanente (reunir o período mínimo de cotización esixido e acharse de alta na Seguridade Social).A sentenza subliña que se atenuou dita esixencia "mediante unha interpretación humanizadora que pondera as circunstancias de cada caso concreto co fin de evitar supostos non xustificados de desprotección", e engade, que "resulta manifestamente inxusta e irrazonable a rigorosa aplicación nestas condicións do requisito de estar en alta ou situación asimilada ao traballador que acredita unha longa e continuada traxectoria laboral, e a quen o infortunio situaou na extrema situación de sufrir un accidente de tráfico aos poucos días de deixar o seu último emprego e a escasas datas de incorporarse á nova relación laboral que xa tiña concertada con outra empresa".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais