Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
5/6/2013
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir
: construción : : rotulación : : tpc : : vidro :

Regulamento da tarxeta profesional para o traballo en obras de construción, vidro e rotulación.

CONSTRUCIÓN
O 18 de Abril de 2013, foi publicada no B.O.E a resolución do 2 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o Regulamento da tarxeta profesional para o traballo en obras de construción (vidro e rotulación) dos traballadores afectados polo Convenio colectivo para as industrias extractivas, do vidro, cerámica e para as do comercio exclusivista dos mesmos materiais.

A tarxeta profesional da construción para o sector do vidro, a cerámica e a rotulación, é o documento que serve para acreditar, entre outros datos, a formación específica recibida polo traballador en materia de prevención de riscos laborais naquelas actividades e sectores do Convenio que se desenvolvan en obras de construción.

A tarxeta plásmase sobre un soporte físico acordado pola Comisión de Seguridade e Saúde Laborais coa FLC e, no seu caso, vincularase a un sistema informático que permita ao seu titular acceder telematicamente aos seus datos e obter certificacións destes.

A tarxeta servirá para acreditar a formación específica necesaria en materia de prevención de riscos para traballar nunha obra de construción, tendo unha vixencia de 5 anos. Transcorrido ese prazo, o seu titular haberá de solicitar a súa renovación.

Funcións da tarxeta profesional.

A tarxeta profesional da construción para o sector do vidro, a cerámica e a rotulación ten as seguintes funcións (art.º 3 BOE 18 abril 2003):

  1. Acreditar a formación específica necesaria en materia de prevención de riscos para traballar nunha obra de construción, de acordo co previsto na Lei 32/2006 reguladora da subcontratación no sector da construción

Ademais poderá servir para:

  1. Informar sobre a categoría ou grupo profesional que se ostenta e se ostentou nas diversas empresas e sobre a experiencia profesional.
  2. Acreditar a formación profesional recibida.
  3. Facilitar o acceso do seu titular aos servizos que poida implantar a Comisión de Seguridade e Saúde Laborais ou o órgano paritario que poida constituírse.

Beneficiarios da tarxeta profesional.

Pode obter a tarxeta profesional da construción para o sector do vidro, a cerámica e a rotulación, o traballador de alta nunha empresa do sector que acredite ter recibido a formación en materia de seguridade e saúde laboral establecida neste regulamento. (art.4 BOE 18 abril 2003)

Os traballadores por conta propia ou autónomos poderán acceder á tarxeta profesional a través da Comisión de Seguridade e Saúde Laborais regulada neste Regulamento cando se encontren nalgún dos casos seguintes:

  1. Traballadores por conta allea incluídos no réxime especial de autónomos porque posúen unha porcentaxe do capital social da sociedade en que traballan.
  2. Empresarios persoas físicas de alta no réxime especial de autónomos, con empregados ao seu cargo.

Especialidades formativas:

  1. Formación para o oficio de instalador de ventás e acristalamentos de 20 horas de duración a impartir de forma presencial.
  2. Formación para o oficio de instalador de rótulos, de 20 horas de duración, a impartir presencialmente

Requisitos para obter a TPC

Para obter a TPC do vidro e rotulación hase de realizar, polo menos, unha das seguintes actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais. Se se recibiu outro tipo de formación nesta materia, débese acreditar, para a súa validación, en calquera punto de tramitación:

  1. Formación por posto de traballo, título, duración. Directivos e xerentes de empresa 10 hr.
  2. Formación por oficios,título, duración. Instalador de ventás e acristalamentos 20 hr.
  3. Instalador de rótulos 20 hr.

A devandita formación debe realizarse nunha entidade don a formación preventiva homologada (ver entidades coa formación preventiva homologada)

Validación da formación:

A titulación en Técnico Superior en Prevención, especialidade Seguridade Industrial, será válida para a obtención da tarxeta profesional no sector do vidro e a rotulación. A formación recibida por xerentes e directivos de empresa de acordo co Convenio Xeral da Construción ou o Acordo Estatal sobre o sector do metal do 5 de febreiro de 2009, valídase integramente coa esixida no Regulamento da TPC vidro e rotulación con independencia da data en que se recibise a formación e a data en que se solicite a tarxeta.

 

Máis información: Resolución de 2 de abril de 2013 -BOE-

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais