Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
5/12/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Os efectos na saúde das centrais térmicas de carbón

IIDMA
O Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), elaborou un informe sobre a contaminación que as 15 centrais térmicas de carbón españolas provocaron no ano 2014; entre os datos que recolle figuran 459 enfermidades cardiovasculares e respiratorias, 709 mortes prematuras polo carbón, máis de 10.500 novos episodios de asma en nenos, 163.326 días de traballo perdido e 747.686 días de actividade restrinxida (cando unha persoa non pode levar a cabo a súa actividade habitual por mala saúde); as perdas económicas sitúanse entre 800 e case 1.700 millóns de euros anuais
O estudo sinala que é preciso realizar máis investimentos en enerxías renovables, “cada vez máis competitivas respecto doutras tecnoloxías convencionais, para avanzar cara a un modelo de desenvolvemento que protexa a nosa saúde, permita frear o cambio climático". Segundo a directora do IIDMA “o Goberno e as administracións autonómicas e locais deben tomar medidas urxentes para reducir os niveis de contaminación atmosférica cumprindo coas normativas establecidas pola OMS: as centrais térmicas que se acolleron ao Plan Nacional Transitorio e sigan funcionando a partir do ano 2020, deben cumprir cos límites de emisión esixidos pola normativa europea, algo que agora están a incumprir”. Segundo este traballo, o Goberno debe actuar con urxencia para reducir a contaminación atmosférica e pechar todas as centrais térmicas de carbón antes de 2025, "non pode negar as evidencias científicas e debe apostar polo peche progresivo das centrais térmicas de carbón para frear o cambio climático e cumprir así co Acordo de París”.Ligazón ao informe  "Un oscuro panorama. Os efectos das centrais térmicas de carbón no Estado español durante 2014"Máis información, Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente, IIDMA
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais