Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
4/10/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Condea a unha empresa por un accidente laboral

Sentenza
A empresa asentada no polígono Río do Pozo de Narón, foi condeada, solidariamente coa aseguradora Ace European Group Limited, ao pago dunha indemnización de 528.355 euros a un traballador en situación de gran invalidez por mor dun accidente laboral. A sentenza fora ditada por un xulgado de Ferrol e acaba de ser confirmada pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que desestimou o recurso de suplicación interposto pola parte demandada.

 

O accidente tivo lugar nas instalacións da empresa o 16 de novembro do 2011, cando o traballador estaba a realizar o proceso de cambio de rolos dunha máquina denominada Schlatter, que se alimenta co arame que chega á fábrica. Para abastecer o equipo utilízase unha guindastre pórtico que move os rolos de alambrón mediante un útil de elevación en forma de «c». O traballador estaba só na zona de cambio de rolos no momento en que un portarrolos impactou contra él.O fallo que condena á empresa susténtase en que se infrinxiu o deber de seguridade que a empresa ten fronte ao traballador, que estaba só nunha zona cualificada de risco, así como no método de traballo.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais