Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
31/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 24

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
O pasado 24 de marzo publicouse o Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, que derroga o RD 404/2010, polo que até agora se regulaba o estabelecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a súa sinistralidade laboral en relación á do seu sector de referencia. Con este novo Decreto, o Goberno do Estado sorpréndenos unha vez máis dun xeito negativo, ao forzar un cambio radical na filosofía e o enfoque do anterior RD, utilizándoo como unha ferramenta destinada a financiar ás empresas e as propias mutuas, e o que chama moitísimo a atención, eliminando de maneira inopinada os necesarios e imprescindibles controis que si se estabelecían na anterior normativa.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 24 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

No sumario deste número atopamos baixo o epígrafe Análise - Opinión, o artigo "Real Decreto 231/2017, de 10 de marzo: a sinistralidade laboral como escusa para financiar a fondo perdido a mutuas e empresas", no que se repasan os aspectos máis destacados desta normativa.

En A Fondo contamos co artigo "Sinistralidade laboral e enfermidades profesionais: un custo humano e económico evitable".

Dentro do capítulo denominado Información, o Boletín acolle os artigos "Última enquisa estatal de condicións de traballo" e "Estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais recoñecidas no Estado español de 1990 a 2014".

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais