Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
30/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Incrementáronse as agresións a médicos/as no ano 2016

Psicosocial
O Observatorio Nacional de Agresións da Organización Médica Colexial (OMC), ven de presentar os datos de violencia rexistrados en 2016 que supoñen un incremento do 37,12% en relación ao ano anterior. Os datos revelan un notable crecemento no pasado ano das condutas violentas no ámbito sanitario contabilizadas nos últimos anos (354, 344, 361 e 495 agresións en 2013, 2014, 2015 e 2016), sobrepasando en 2016 as cifras de 2010 (451), ano no que se creou este Observatorio. Na presentación dos datos indicouse que en moitos casos as conductas violentas teñen que ver con temas denunciados anteriormente: a masificación das urxencias, a falta de equidade na atención sanitaria, o aumento das listas de espera ou a precariedade laboral dos/as profesionais.

A maior parte das agresións que sufriron médicos/as nos seis anos que leva contabilizando o Observatorio, 2.917, corresponden a lesións, ameazas, coaccións, malos tratos, inxurias e/ou vexacións. Dos 495 casos de violencia contabilizados en 2016, o 13,4% deles rematou en lesións, un 28,6% menos que o ano anterior, o 45,7% foron insultos e as 40,9% ameazas.

As Comunidades Autónomas que rexistraron maior número de denuncias por agresións foron Cataluña (109), Andalucía (102) e Madrid (99), aínda que a incidencia maior por mil colexiados/as produciuse en Melilla, Estremadura e Ceuta.Segundo sexo: o 58,38% dos agredidos son mulleres e os 41,62% homes. No sector público producense a gran maioría das condutas violentas, cun 87% dos casos, por un 13% no sector privado.En Atención Primaria é onde teñen lugar a maior parte das agrasións, un 55%, en Atención Hospitalaria o 17%, nas urxencias hospitalarias o 10% e nas urxencias de Atención Primaria un 18%.Dos agresores, o 71,5% son pacientes, o 26,6% son familiares e o 1,8% pacientes desprazados.Ás causas principais das agresións, o 42,8% prodúcense por discrepancias na atención médica; o 15% polo tempo en ser atendido; o 11,1% por non receitar o proposto polo paciente; o 11,1% por discrepancias persoais; o 9,3% por informes non acordes ás súas esixencias; o 6,3% en relación á incapacidade laboral; o 4,5% polo mal funcionamento do centro; e o 18% por outras causas.Do total de agresións, no 13,4% dos casos provocaron lesións, das que o 41,2% foron físicas e o 41,2%, psíquicas;  o 16% levaron baixa laboral, cifra similar á do ano anterior.

En 2016, o Observatorio analizou 76 sentenzas relacionadas con casos de agresión, das que 56 foron condenatorias; 16 absolutorias e en 4 chegouse a acordos. Do total das sentenzas, a 18 impúxose prisión e 27 levaron privación e dereito de inhabilitación; e a maior parte; 48, multas, na maioría dos casos, de baixa contía; 7 medidas de seguridade e outras 7 diversos tipos de pena. O Observatorio indica que a análise destas sentenzas mostra unha gran variabilidade na falta de unificación de criterios por parte dos órganos xudiciais á hora de tipificar as agresións.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais