Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
28/11/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Mapa de radón en Galiza

saúde
O mapa elaborado polo Laboratorio de radón da USC é froito de anos de traballo a través de diferentes proxectos de investigación. O mapa inclúe máis de 3.400 medicións de radón residencial xunto cunha descrición da situación nos distintos concellos. Unha das súas finalidades é prestar servizo á cidadanía, entidades municipais e Administración, para que poidan planificar e executar accións encamiñadas a reducir a concentración deste gas tanto nas vivendas coma nos lugares de traballo.

O límite da concentración de radón en Europa está estabelecido en 200 Bq/m3, aínda que a OMS o ten fixado en 100 Bq/m3 dende o 2009. Está previsto que no 2018 entre en vigor a nova directiva europea 2013/59/Euratom que subirá este límite a 300 Bq/m3, tamén en lugares de traballo. (A Axencia de Protección Ambiental norteamericana considera 148 Bq/m3 como nivel de referencia).

Polas súas características xeolóxicas, Galiza ocupa un territorio no que se aprecia elevada concentración deste gas, feito que se acusa máis nas provincias de Ourense e Pontevedra. Se nos atemos ao límite marcado nesta nova directiva, 30 comarcas en Galiza presentan un risco alto de concentración de radón. Se baixamos o límite a 200 Bq/m3, serían 42 as comarcas en alto risco.

O Laboratorio de Radón de Galicia pertence á Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, grupo de Referencia Competitiva, membro do CIBERESP –que reúne os equipos de investigación estatais máis prestixiosos na área da Saúde Pública– e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O laboratorio é un dos tres estatais que participaron na elaboración do Mapa Nacional de Radón encargado polo Consello de Seguridade Nuclear; os seus membros son coautores do Manual da OMS sobre radón interior e dende hai anos están a estudar os efectos do radón sobre a saúde, con importantes achados publicados en revistas como British Medical JournalThorax, ouAmerican Journal of Epidemiology; a investigación máis recente apareceu na revista European Respiratory Journal, publicación de referencia en temas neumolóxicos; nesta investigación, realizada sobre datos de 300 persoas dunha media de 70 anos de idade, con cancro de pulmón e nunca fumadoras, indícase que a exposición a radón residencial podería estar vinculada con certas mutacións e reordenamentos xenéticos.

Os responsables do laboratoriofan fincapé na importancia que ten nesta tema a prevención, apuntando solucións que pasan pola implicación das Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais e por que o radón se inclúa no Código Técnico de Edificación: "impedindo a entrada do gas nas zonas de alto ou medio risco evitaríase o problema de raíz”.

Ligazón ao Mapa de radón de Galiza

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais