Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/6/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Consecuencias económicas da contaminación ambiental

OCDE
A OCDE, Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos, difundiu un informe no que se alerta de que as mortes prematuras consecuencia da contaminación alcadarán entre os seis e nove millóns ao ano en 2060. Isto terá un custo de aproximadamente o 1% do PIB mundial, uns 2,6 billóns de dólares (2,3 billóns de euros) cada exercicio.

As cifras contabilizan os días de baixa que se toman os enfermos, o custo médico en cada Estado e a redución da produción agrícola. No informe indícase que "O incremento da demanda de enerxía e a actividade económica conducirá a un aumento significativo nas emisións globais dos contaminantes do aire en 2060 se non hai políticas máis duras", "A pesar de que hai un desacoplamiento parcial das emisións de contaminantes aire e a actividade económica nalgunhas zonas, prevese que as emisións sigan aumentando especialmente nas rexións con maior crecemento", como o sur e o sueste de Asia e o África subsahariana.No informe apúntase que no 2060 entre seis e nove millóns de persoas no mundo morrerán cada ano de forma prematura pola polución. "Prevese un gran número de mortes en rexións densamente poboadas por altas concentracións das partículas PM 2.5 e de ozono", advírtese. "A menos que se actúe, a mediados de século cada cinco segundos unha persoa morrerá prematuramente por contaminación atmosférica". No ano 2010, a cifra anual de falecementos por contaminación atmosférica foi de tres millóns. En relación a custos médicos, a OCDE calcula que se pasará dos 21.000 millóns de dólares de 2015 a 176.000 millóns en 2060. Ademais, tamén se estima que se triplicará o número de xornadas de traballo que se perderán no planeta pola contaminación do aire.No capítulo dedicado aos custos en relación co PIB, indícase que as zonas máis golpeadas serán a rexión do Caspio (cun impacto do 3,1% do seu PIB), China (2,6%) e os países de Europa do leste que non son membros da UE (2,7%).  Máis información en "As consecuencias económicas da contaminación ambiental" (en inglés)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais