Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/2/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O Goberno elaborará en 2018 unha nova estatística sobre accidentes laborais

PATOLOXÍAS NON TRAUMÁTICAS
Mediante o Real Decreto 1043/2017, do 22 de decembro, polo que se aproba o Programa anual 2018 do Plan Estatístico Nacional 2017-2020, o Goberno anunciou a elaboración dunha nova Estatística de Patoloxías non Traumáticas, que recollerá e difundirá información relativa ás enfermidades non incluídas na lista de enfermidades profesionais que contraia o/a traballador/a con motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade é por causa exclusiva da execución do mesmo.

Así mesmo, incluiranse as enfermidades ou defectos, padecidos con anterioridade polo traballador/a, que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.

•Organismos que interveñen:  MESS, Entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social, Consellerías/Departamentos con competencia na materia de todas as Comunidades Autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía.

Cando os facultativos do Sistema Nacional de Saúde, ou no seu caso os do servizo de prevención, detectan a existencia dunha enfermidade causada ou agravada polo traballo [art. 156.2.e) e  f)  LGSS]-Patoloxía non traumática-, comunícana á entidade xestora ou á entidade colaboradora que asume o risco de continxencias profesionais a través do organismo competente autonómico. Ditas entidades xestoras e as mutuas colaboradoras da Seguridade Social proceden, dentro dos prazos establecidos, a dar de alta a comunicación a través da aplicación informática PANOTRATSS, de cuxa administración é responsable a DX de Ordenación da Seguridade Social.

Créditos orzamentarios necesarios para o seu financiamento no ano 2018: 23,42 miles de euros previstos no Orzamento do  MESS.

Actualmente a Seguridade Social xa publica un documentado informe anual sobre esta cuestión. Achegamos o último publicado, correspondente ao ano 2016 : “Observatorio de enfermedades profesionais (CEPROSS) e de enfermedades causadas ou agravadas polo traballo (PANOTRATSS). Informe anual 2016”.

Disposición no BOE: Real Decreto 1043/2017, de 22 de decembro, polo que se aproba o Programa anual 2018 do Plan Estatístico Nacional 2017-2020.

Fonte: BOE

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais