Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
25/4/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Segundo a enquisa realizada pola Asociación de Especialistas en Prevención e Saúde Laboral (AEPSAL), os técnicos de prevención pensan que a Inspección de Traballo non lles axuda na súa función.

Enquisa AEPSAL a TPRL
Os Técnicos de Prevención de Riscos Laborais non perciben que a Inspección de Traballo esté a axudar á integración da prevención. Segundo a Enquisa realizada a 1.000 Técnicos de Prevención de Riscos Laborais (TPRL) pola asociación AEPSAL, en xeral os TPRL consideran que a administración pública e en concreto a Inspección de Traballo non os axuda na realización das súas funcións, ao contrario do que debería acontecer, tendo en conta que o cometido desta Institución consiste en prestar colaboración, así como contribuir a supervisión do adecuado desenvolvemento da prevención de riscos laborais nas empresas

Segundo a enquisa, só un 17,6 % dos  TPRL considera que a Inspección de Traballo contribúe á integración da prevención, sendo un 82,4% os que consideran que non o fai. Asi mesmo, o 93,9% dos TPRL considera que a Inspección de Traballo contribúe a burocratizar en exceso o Sistema Xeral de Prevención de Riscos Laboaris.

Podemos afirmar que en termos xerais, existe un distanciamento entre os TPRL e os órganos da Administración Pública, mesmo con obxectivos dispares, demandándose unha relación máis directa e suponse que máis fluída, especialmente no que atinxe ás labouras de inspección.

Para os TPRL, a acción fiscalizadora e punitiva da Inspección de Traballo está a prevalecer fronte ás tarefas de facilitación e asesoramento. Así as cousas, percíbese que a Inspección de Traballo non só non está a axudar á integración da prevención nas empresas, sinon que  ademais está a determinar unha excesiva burocratización do sistema preventivo, focalizándose en exceso na documentación formal e non na realidade dos lugares de traballo e a súa necesaria e efectiva mellora.

Ligazón á 1ª enquisa no Estado español a técnicos de prevención de riscos laborais

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais