Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/6/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Emprego de luvas médicas con po

Hixiene
A Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) dos EE.UU. estuda prohibir o emprego da maioría das luvas médicas con po, pois o seu uso pode supoñer riscos para a saúde de pacientes e dos profesionais de atención sanitaria. A prohibición aplicaríase ás luvas con po de cirurxiáns, os que se empregan no exame de pacientes e o po absorbible que ten com fin lubricar as luvas de cirurxiáns.

Segundo indicou a FDA, o po que se engade ás luvas de látex elástico para que resulte máis fácil poñelas e quitalas, pode conter proteínas que provocan reaccións alérxicas que dan lugar a problemas respiratorios.Os riscos derivados do emprego de luvas con po non poden eliminarse a través de etiquetas de advertencia novas ou actualizadas, de modo que a FDA optou por propoñer a súa prohibición, pois actualmente hai moitas luvas sen po dispoñibles no mercado.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais