Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/1/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Declarado accidente laboral o suicidio dun empregado de banca que discutiu cun cliente

SENTENZA
Segundo se desprende da sentenza, o suicidio do empregado non pode considerarse unha "continxencia común" ao apreciarse unha posible conexión de causalidade entre o traballo e a conduta de suicidio.

O Xulgado do Social de Almería declarou como accidente laboral a morte dun traballador dunha sucursal de Cajamar quen se suicidou instantes despois de discutir cun cliente, sentido no que aprecia a "relación de causalidade que existe entre o conflito laboral previo, que é indiscutible, e o estado de nervios ou tensións" que sufriu o finado "por causa dese conflito".

Segundo se desprende da sentenza, o suicidio do empregado non pode considerarse unha "continxencia común" ao apreciarse unha posible conexión de causalidade entre o traballo e a conduta de suicidio. En concreto, segundo quedou probado, o empregado discutiu cun cliente da entidade por mor dun ingreso, de modo que chegou a recibir insultos por parte do mesmo, co que se viu obrigado a apercibirlle de chamar á policía se non depoñía a súa actitude.

Neste sentido, o xuíz recolle a declaración da interventora da sucursal ante a Inspección de Traballo, á que sinalou que tras a discusión, o falecido estaba "moi alterado, moi nervioso, suando" e "dando golpes na mesa polo estado de nervios que tiña", polo que tratou de acougalo e deulle permiso para que saíse á rúa para que se tranquilizase.

O fallo da sentenza, sobre a que cabe recurso de súplica ante o TSXA, determina que o falecemento do traballador "deriva de accidente de traballo" e obriga ao incremento das pensións de viuvez e orfandade cara aos familiares do empregado, pola continxencia de accidente de traballo con imputación, no seu caso, da responsabilidade á mutua colaboradora coa Seguridade Social. Igualmente, sinala que deberán percibir as correspondentes indemnizacións.

 

 Fonte: Público.es

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais