Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
22/8/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Entre o mes de xaneiro e xuño do presente ano, no estado español faleceron en accidente laboral un total de 301 traballadores/as

SINISTRALIDADE
Un total de 301 traballadores/as faleceron en accidente laboral entre xaneiro e xuño deste ano, 16 mortes máis que no mesmo periodo de 2015, o que supón un incremento en termos relativos do 5,6%, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Destes falecementos, 226 (75%) producíronse durante a xornada de traballo, 13 menos que no primeiro semestre de 2015, o que implica unha caída do 5,4%. Os 75 accidentes mortais restantes rexistrados ata xuño foron in itínere (os ocorridos no traxecto de casa ao traballo e viceversa), un 63% máis.

Na primeira metade do ano contabilizáronse 276.069 accidentes laborais con baixa, o que supón un aumento do 8,6% respecto ao número de sinistros do mesmo período de 2015, cando se produciron 254.197 accidentes.

Do conxunto de sinistros, 238.526 accidentes rexistráronse no lugar de traballo e 37.543 foron sinistros in itínere. Os primeiros aumentaron un 8,5%, mentres que os segundos incrementáronse un 9,3%.

Os accidentes leves con baixa no posto de traballo sumaron 236.571 ata xuño, un 8,5% máis, e os graves alcanzaron os 1.729, un 8,5% máis. No caso dos sinistros in itínere, rexistráronse 37.016 accidentes de carácter leve (+9,2%) e 452 de gravidade (+9,4%).

Por actividades económicas, a industria manufactureira rexistrou o maior número de accidentes con baixa en xornada de traballo, ao aglutinar 44.777 sinistros (+12%), seguido do comercio almacenista e comerciante polo miúdo e reparación de vehículos a motor, con 34.116 accidentes (+9,1%); a construción, con 25.257 sinistros (+12,4%), e as actividades sanitarias e de servizos sociais, con 22.786 sinistros (+7,4%).

Case todas as actividades incrementaron o seu número de sinistros respecto ao primeiro semestre de 2015. Sálvanse as industrias extractivas, que recortaron o seu volume de accidentes un 8,9%, ata sumar 1.211 sinistros, e as actividades administrativas, que reduciron un 7,6% a súa cifra de accidentes, ata 18.967.

Por contra, os maiores repuntes déronse na hostalería, cun aumento do 16,3% e un total de 21.609 accidentes; na construción (+12,4%, 25.257 sinistros), e nas actividades administrativas e servizos auxiliares (+12,4%, 13.343 sinistros).

A maior parte dos accidentes laborais débense a sobreesforzos físicos, caídas, tropezós, choques contra obxectos en movemento, e contactos con materia cortante, punzante ou duro.

Segundo a estatística de sinistralidade laboral do Ministerio de Emprego, ata xuño deste ano notificáronse 363.335 accidentes sen baixa, un 5,1% máis que no mesmo período de 2015.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais