Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
22/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Case nun terzo dos accidentes laborais sufridos por mozos e mozas os contratos tiñan unha duración inferior a dous meses

Sinistralidade
Os traballadores/as menores de 35 anos sufriron no ano 2015 o 29 % dos accidentes laborais. As estatísticas amosan que a menor idade e menor duración do contrato hai unha maior propensión a sufrir accidentes laborais: do total de accidentes con baixa de mozas e mozos (137.286 casos), o 30 % tiña un contrato inferior a 2 meses.

A gran maioría dos accidentes foron leves (136.621 casos), 648 accidentes foron accidentes graves e 46 mortais (o que supón un 7% do total de accidentes graves).

Nos homes novos obsérvase unha maior accidentalidade que as mulleres novas (un 72%, fronte a un 36%). Por tipoloxía, os accidentes in itínere  son similares en ambos os xéneros, aínda que os accidentes mortais afectan máis as mulleres.

En relación ás enfermidades profesionais, entre os mozos e mozas dase unha incidencia menor a padecer enfermidades profesionais. Segundo cifras oficiais facilitadas polo Observatorio de Enfermidades Profesionais da Seguridade Social correspondentes a 2016, do total de enfermidades profesionais rexistradas durante a xornada laboral, 19.138, un 17%, 3.239 corresponden a mozos e mozas menores de 35 anos.Das enfermidades profesionais que afectan aos traballadores/as máis novos, o 72% teñen a súa orixe en axentes físicos e afectan sobre todo as mulleres, aínda que non hai diferenzas significativas (un 52% de mulleres, fronte a un 48% de homes).

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais