Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/10/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Dende a implantación da actual reforma laboral do PP coa excusa da crise económica, os accidentes laborais sen baixa multiplicaron o seu peso en relación aos accidentes con baixa, en gran medida debido ao temor dos traballadores/as a ser despedidos.

saúde laboral
Así é, a actual reforma laboral paradigma da desprotección e a eliminación dos dereitos dos traballadores/as, ten propiciado que as Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social, ao servizo dos intereses das empresas baixo as directrices políticas do Goberno do PP, teñan “endurecido” extraordinariamente as condicións para conceder as baixas laborais por IT, o que unido ao temor dos traballadores/as a ser despedidos e perder o seu posto de traballo no caso de non acudir ao mesmo –como tantas veces ten acontecido nos últimos tempos-, da como resultado que só nos casos de accidentes de maior gravidade –independentemente da súa cualificación-, nos que ao traballador/a lle resulta imposible ir a traballar, iste decide acollerse á baixa por IT.

Ista circunstancia a parte de ser fondamente inxusta e perigosa para os traballadores/as, ten dous efectos intrínsecamente perversos que distorsionan e falsean a realidade do que realmente está a acontecer en termos de sinistralidade laboral, favoreciendo as teses e argumentos da dereita neoliberal. Por unha banda ao incrementarse o nível de gravidade dos accidentes que finalmente rematan en baixa por incapacidade temporal, estes teñen unha maior duración media, e por outra, o incremento do número dos accidentes laborais sen baixa rematan por maquillar en grande medida as estatísticas de acidentalidade no Estado español, ocultando a súa auténtica dimensión e incidencia.

Así as cousas, o estabelecemento dun sistema obxectivo de clasificación dos accidentes en función da súa gravidade ,asemella ser unha necesidade urxente que non pode ser retrasada con falsas excusas nin un minuto máis. Faise necesario logo revisar o sistema de cualificación e declaración de accidentes de traballo e enfermedades profesionais. Introducindo dunha vez por todas criterios médico-sanitarios axeitados, obxectivos e fiabeis no proceso de cualificación dos acidentes e a súa gravidade. Nos como Confederación Intersindical Galega levamos xa moitos anos demandando e esixiendo esta reevindicación en todos aqueles organismos publicos nos que temos presenza e representazón, sin que até de agora se teña feito por parte das administracións competentes absolutamente nada nesa dirección.

Todos sabemos, traballadores/as, sindicatos, administracións, patronais e empresas, que cando se produce un acidente laboral existe unha gran posibilidade de que este sexa culificado e comunicado pola empresa como un acidente con menor gravidade da que realmente ten. Isto é así porque independetemente doutras cuestións que teñen que ver coa imaxe pública e as bonificacións que a empresa pode deixar de acadar por siniestralidade, na práctica, a Inspeción de Traballo ou os Técnicos Habilitados do ISSGA en princípio só se persoan para investigalos naqueles acidentes cualificados como graves ou con resultado de morte, coas consecuencias administrativas, xurídicas e económicas que en forma de sanción, ista investigación podería acarrexar para a empresa debido aos seus imcumprimentos en materia preventiva e de saúde laboral. Pois ben, ista practica a maiores de ser unha práctica fraudulenta, que ao non dispoñer de parámetros obxectivos de cualificación da gravidade permite a quenes a practican “sairse unha e outra vez de rositas”, ten outro efecto extraordinariamente perverso por perigoso e perxudicial, isto é, que un acidente grave non declarado como tal e polo tanto non investigado, é un acidente que é moi posible que se volte a producir como consecuencia da non corrección dos factores de risco e as condicións de traballo que o produciron.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Confederación Intersindical Galega (C.I.G.)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais