Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
2/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Dispositivo para controlar o gas radón dende o móbil

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
No proxecto CARE (Control Automático da concentración de Radon en Edificios), científicos do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Microelectrónica de Barcelona (IMB-CNM-CSIC), ambos membros do CPAN, están a traballar nun proxecto que ten como finalidade desenvolver un sistema que controle os niveles de radon presente en edificios e que adapte a ventilación ou climatización en función da concentración de gas de xeito automático.

Os niveis de radon en interiores poden reducirse ventilando axeitadamente, pero esta operación non se realiza sempre cando é necesario, unhas veces por descoñecemento e outras debido a limitacións técnicas, como no caso de grandes edificios, sotos ou sistemas de climatización en circuíto pechado.O maior illamento das casas actuais faciita unha maior acumulación de radon en espazos interiores.

O proxecto CARE  desenvolve un sensor baseado en tecnoloxía de silicio utilizada en grandes experimentos de física de partículas como o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN, así como un monitor de radon capaz de proporcionar medidas de concentración cada media hora. Ambos dispositivos compleméntanse cun sistema que xestiona a información proporcionada polo monitor conectado a unha instalación intelixente de climatización, para que actúe de forma instantánea e activa e así reducir a concentración de radon.

CARE conta con financiamento da convocatoria Retos-Colaboración do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016. Está previsto que as probas do sistema se desenvolvan en Galicia, un dos lugares do Estado que presenta maiores concentracións de radón.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais