Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/2/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Novo Repertorio de recomendacións prácticas para mellorar a seguridade e saúde no sector da construción e reparación de buques

OIT
A edición revisada do Repertorio de recomendacións prácticas, contén orientación exhaustiva e detallada sobre como mellorar a seguridade e saúde no sector da construción e reparación de buques, incluíndo o dereito dos traballadores para coñecer os riscos que enfrontan, o dereito para participar plenamente na prevención dos riscos para a súa seguridade e saúde, e o dereito de afastarse de situacións de traballo perigosas.

Representantes de gobernos e dos interlocutores sociais de todas as rexións reuníronse na OIT do 22 ao 26 de xaneiro para adoptar unha versión revisada do Repertorio de recomendacións prácticas sobre a seguridade e saúde na construción e reparación de buques.

O novo repertorio reflicte os numerosos cambios que se produciron no sector, incluído o uso de sistemas robotizados, ao longo dos últimos 43 anos desde que a OIT adoptou o repertorio anterior. Este repertorio concéntrase na necesidade de adoptar un enfoque de prevención baseado nos sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo ( SST), a xestión do cambio e os plans de seguridade no traballo, entre outros.

Os participantes destacaron a importancia de mellorar a seguridade e saúde no traballo ( SST) no sector da construción e reparación de buques. Mellorar os resultados en materia de SST permitirá reducir a taxa de lesións e mortes, así como os custos económicos asociados para as familias e as sociedades. Ademais contribuirá a incrementar a produtividade e o crecemento, a facer que o sector sexa máis seguro e ecolóxico, e a reducir o sufrimento humano relacionado cos incidentes de SST.

“Traballando na industria durante máis de 25 anos, persoalmente podo dar fe que a adopción desta versión revisada do Repertorio de prácticas constitúe un fito no sector da construción e a reparación de buques”, declarou o presidente da reunión César Gomez. “Aínda que os nosos esforzos anteriores dirixidos a mellorar a seguridade e a saúde na industria contribuíron a establecer mellores prácticas, persisten moitos perigos que non foron completamente eliminados ou controlados.”

Uns 1,9 millóns de traballadores en todo o mundo beneficiaranse desta nova versión que toma en consideración os cambios drásticos que se produciron nesta industria, ao incorporar un enfoque sistemático e de prevención da xestión da seguridade e a saúde no traballo.

Ligazón ao “Proxecto de repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde na construción e reparación de buques”

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais