Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/8/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Os cigarros electrónicos emiten vapores tóxicos

SAÚDE
Todos os cigarros electrónicos emiten sustancias químicas nocivas, e os niveis deses compostos tóxicos vense afectados por factores como a temperatura, o tipo e a antigüidade do dispositivo, segundo un estudo de investigación do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley, en California.

Ante esta noticia os defensores dos cigarros electrónicos afirman que as emisións son moito máis baixas que as dos cigarros convencionais, así que é mellor usar cigarros electrónicos, o que para o investigador Hugo Destaillats podería ser relativamente certo en relación a algúns usuarios que son grandes fumadores dende vai moito tempo e non son quen de deixalo, o que non significa que os cigarrillos electrónicos sexan saudables, senón que posiblemente sexan menos nocivos que os cigarros convencionais.

En probas de laboratorio, os científicos atoparon que a descomposición relacionada coa calor do propilenglicol e a glicerina, dous solventes que se atopan na maioría dos líquidos para os cigarros electrónicos, provocan emisións de sustancias tóxicas como a acroleína, o acetaldehído e o formaldehído. Os tres son irritantes respiratorios ou carcinóxenos.

Estes achados poden ser relevantes tanto para os fabricantes de cigarros electrónicos como para os reguladores públicos que desexan reducir o perigo para a saúde derivado da utilización destes dispositivos electrónicos.

Os investigadores tamén atoparon que os niveis de sustancias nocivas no vapor dos cigarros electrónicos aumentan entre as primeiras caladas e caladas posteriores a medida que o dispositivo se quenta, e con cada uso do dispositivo.

A partir do 8 de agosto do 2016, a Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) de EE.UU. comezará a regular os cigarros electrónicos, ademais de todos os cigarros, narguiles (pipas de auga), o tabaco para pipa e os xeles de nicotina, entre outros produtos.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais