Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/2/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Orde ESS/1554/2016, do 29 de setembro, pola que se regula o procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sustentabilidade das empresas, organizacións e administracións públicas.

RSE
Esta norma establece a regulación do procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sustentabilidade das empresas, organizacións e administracións públicas, así como dos informes daquelas entidades que desexen dar resposta á Directiva 2014/95/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro de 2014 mediante este procedemento, no ficheiro público do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Este procedemento terá carácter electrónico, e as comunicacións realizaranse por vía electrónica, ao amparo do establecido no apartado 6 do artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.

A Directiva 2014/95/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro de 2014, pola que se modifica a Directiva 2013/34/UE no que respecta á divulgación de información non financeira e información sobre diversidade por parte de determinadas grandes empresas e determinados grupos, establece que as grandes empresas que sexan entidades de interese público, e as entidades de interese público que sexan empresas matrices dun gran grupo, que, nas súas datas de peche do balance, conten cun número medio superior a 500 empregados durante o exercicio, incluirán no informe de xestión un estado non financeiro que conteña información relativa, como mínimo, a cuestións ambientais e sociais, relativas ao persoal, ao respecto dos dereitos humanos e á loita contra a corrupción e o suborno.

O texto no BOE: Orde ESS/1554/2016, do 29 de setembro, pola que se regula o procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sustentabilidade das empresas, organizacións e administracións públicas.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais