Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
14/2/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Ferramenta de visualización de datos sobre traballo máis seguro e saudable a calquera idade

EU-OSHA
A través desta ferramenta poden visualizarse os resultados esenciais do proxecto levado a cabo pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo a petición do Parlamento Europeo, sobre a seguridade e saúde no traballo (SST) no contexto dunha man de obra en proceso de envellecemento na UE.

Esta ferramenta interactiva facilita datos sobre demografía, emprego, condicións de traballo e saúde no contexto dunha man de obra en proceso de envellecemento, así como políticas, estratexias e programas en materia de SST e afíns existentes en diferentes Estados para facer fronte ao reto do envellecemento.Así mesmo, permite examinar a diversidade demográfica e socioeconómica, así como as diferenzas nos sistemas sanitarios e sociais entre catro 'grupos de países' europeos, e a relevancia que estos teñen para o desenvolvemento de políticas.

Tamén poden explorarse 'perfís por países' para comparar as estratexias de SST e rehabilitación relativas á idade nun determinado país, co conxunto da UE e con outros países europeos.

Ligazón á ferramenta de visualización de datos sobre traballo máis seguro e saudable a calqueira idade.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais