Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
13/10/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Conexións coa industria dos expertos supostamente independentes que asesoran á Comisión Europea na fixación de valores límite

VALORES LÍMITE
Segundo unha investigación publicada no diario francés Le Monde, expertos con vínculos industriais dominan un comité que asesora á Comisión Europea sobre a adopción de límites de exposición profesional.

Os resultados da investigación revelan que 15 dos 22 membros do Comité Científico de Valores de Exposición Ocupacional (SCOEL) teñen vínculos con empresas de sectores que poderían verse afectados polos plans da Comisión de adoptar novos límites de exposición profesional (OEL) para determinados substancias no marco da revisión en curso da Directiva relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes carcinógenos ou mutágenos no traballo.

O feito de que algúns membros do Comité teñan vínculos tan estreitos coa industria suscita preocupación pola credibilidade das OEL propostas pola Comisión Europea. Moitos observadores a nivel sindical ou de organizacións non gobernamentais cren que as recentes propostas da Comisión a este respecto non garantirán unha protección adecuada dos traballadores expostos a estas substancias, xa que os OEL suxeridos para unha serie de carcinógenos, en particular o cromo hexavalente, que xa se aplican en varios Estados membros.

Laurent Vogel, investigador da ETUI, comentaba "As OEL excesivamente altas son un atallo para o desastre. Os traballadores cren erroneamente que están protexidos, mentres que na práctica tales OEL equivalen a entregar ás empresas unha licenza para matar.

Ligazón á publicación en Le Monde

Fonte. ETUI

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais