Os datos indican que un 18 % dos/as traballadores/as europeos aseguran soportar tensións diariamente, e un 30 % séntense tan tensos que están a pensar en buscar un novo traballo.
A tensión parece diminuír a medida que o traballador/a vaise facendo maior. Máis dun terzo (37 %) do grupo de idade de 16 a 24 pensa en cambiar de posto debido á tensión, en comparación con só un 17 % do grupo de idade de máis de 55.
En xeral as mulleres parecen sufrir tensións con maior frecuencia. Case una de cada cinco (19 %) di sentirse tensa cada día, en comparación co 16 % dos seus colegas homes.
Segundo o director de ADP Iberia, "Os empregados que soportan un alto nivel de tensión están en perigo de sufrir a síndrome de desgaste profesional ou, mesmo, de enfrontarse a problemas de saúde mental máis graves que non só afectarán o seu rendemento, senón tamén á súa traxectoria profesional e a súa vida persoal durante un longo período de tempo. Por tanto, axudar aos empregados para xestionar a tensión e poñer en marcha unha rede de protección antes de que se agraven os problemas vai en beneficio dos empregadores".
As conclusións do estudo poñen de relevo o impacto dos recortes de persoal e financiamento no sector sanitario, sector no que un 35% dos traballadores/as enquisados manifesta que o seu empregador/a non mostra interese pola súa saúde mental.
Este estudo foi encargado co fin de ofrecer unha visión profunda de cuestións como son o optimismo e a fidelidade, a preparación e a proxección profesional, os retos da produtividade, a tecnoloxía e a automatización, o benestar e a discriminación.