Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Reciclaxe electrónica
17/7/2015 RESIDUOS
Segundo o Programa Ambiental das Nacións Unidas (PNUMA) ata o 90% dos residuos electrónicos de todo o mundo, son vendidos ou desbotados ilegalmente cada ano. Un informe da Universidade das Nacións Unidas revela que no 2014 foron desbotados 42 millóns de toneladas de residuos electrónicos cun custo de 52 mil millóns de dólares para a economía global.
Camiño Santiago
13/7/2015 UNESCO
Hai só uns días, a Unesco incluíu os Camiños de Santiago do Norte Peninsular na lista de Patrimonio da Humanidade. As catro rutas do Camiño de Santiago, agora inscritas na lista do Patrimonio Mundial, -O Camiño Primitivo, que se inicia en Oviedo; o Camiño Costeiro; o Camiño vasco-rioxano, que comeza en Irún; e o Camiño de Liébana, ramal que une o Camiño co Mosteiro de Santo Toribio- suman unha lonxitude global de 1.498,91 quilómetros.
Mar ondas
2/7/2015 AXENCIA EUROPEA DO MEDIO AMBIENTE
O primeiro informe sobre o estado de dos mares de Europa, publicado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, confirma que os nosos mares non están nin limpos nin sans e, aínda que na actualidade son produtivos, poderían deixar de selo se continúa a degradación dos ecosistemas mariños, e conclúe que o mal estado do medio mariño europeo non cadra coas ambicións de crecemento da UE no marco da "economía azul".
Ceo nocturno en Galiza
30/6/2015 Medio ambiente
A través da Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, a Universidade de Santiago de Compostela e Meteogalicia colaboran na avaliación dos niveis de contaminación lumínica co fin de mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galiza. Os datos das medicións recollense de trece detectores instalados en outras tantas estacións metereolóxicas de Meteogalicia. Os detectores están distribuídos en zonas urbanas e periurbanas, fortes emisoras de luz, e en zonas de menor emisión lumínica como áreas rurais, de montaña e no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Tecnoloxías para eliminar CO2.
25/6/2015 MEDIO AMBIENTE
Segundo o informe SMARTer2030, o potencial dos cambios provocados polas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) diminuiría nun 20% as emisións de carbono, aumentaría en máis de 11 billóns de dólares os novos beneficios económicos, 1.600 millóns de persoas poderían ter atención sanitaria on line e os rendementos agrícolas subirían un 30%.
Ordenador
16/6/2015 Medio ambiente
Segundo o director executivo do Programa Ambiental das Nacións Unidas (PNUMA) o "tsunami de refugallos electrónicos que asolaga o mundo non só representa unha grande parte dos residuos non reciclables a nivel mundial, senón que tamén require tratamento debido a que moitos elementos que se atopan nos equipos electrónicos son potencialmente perigosos para as persoas e o medio ambiente". O proxecto EcoRaee, liderado pola Universidade de Vigo, conclúe que a reutilización é máis eficiente que a reciclaxe.
Radiografía social do medio ambiente en España
4/6/2015 Medio ambiente
A asociación ecoloxista Greenpeace ven de publicar o informe Radiografía social do medio ambiente en España, onde se analizan os exemplos negativos así como as iniciativas a seguir a nivel medioambiental no Estado español. Segundo este traballo, Galiza ocupa o sexto lugar entre as comunidades autónomas en índice de calidade medioambiental, nunha situación de saúde media, detectandose 27 puntos negros e dez iniciativas e políticas verdes exemplares.
sumatra
6/5/2015 Medio ambiente
No informe Bosques Vivos “Living Forest Report” publicado por WWF , precísase que de seguir o ritmo actual en canto a deforestación, poderían destruirse en todo o mundo uns 170 millóns de hectáreas dende 2010 ata 2030, das que máis dun 80% concentrarase en só once lugares.
Comparativa impacto MA
30/4/2015 MEDIO AMBIENTE
Baixo o título de “Imaxes de cambio” a NASA ten a disposición un catálogo de imaxes, a través das que se poden apreciar os cambios que están a producirse na Terra debidos a factores humanos, cambio climático ou fenómenos naturais extremos (furacáns, volcáns activos, …)
Vertedoiros ilegais
16/4/2015 Residuos
Segundo os datos de Eurostat, o tratamento de residuos no Estado español situase moi por debaixo da media doutros estados europeos. Os datos fan referencia a reciclaxe, compostaxe, incineración e utilización de vertedoiros. O Tribunal Europeo de Xustiza imporá ao Estado español unha sanción multimillonaria por ter superado o prazo para a clausura de 63 vertedoiros que non cumpren a normativa europea, situados en 6 Comunidades Autónomas (o procedemento iniciouse en 2006, entregándose un primeiro dictame no 2008).
O nivel do mar sobe máis rápido do previsto
16/4/2015 Enerxía
O prototipo é un trimarán de 42 metros de eslora, un peso dunhas 350 toneladas e turbinas sumerxidas con hélices de 19 metros de longo . Está deseñado para xerar 2 megavatios, co que se podería abastecer de enerxía eléctrica a unhas 1.500 vivendas; os custos de instalación e mantemento do trimarán son baixos e o impacto visual dun parque de trimaráns é similar a un parque de bateas.
veleiro
1/4/2015 Medio ambiente
O Laboratorio de Aplicacións Bioacústicas (LAB) da Universitat Politécnica de Catalunya traballará nun proxecto que ten como fin medir o impacto do ser humano no mar. O proxecto “20.000 sonidos baixo o mar” terá lugar dentro da expedición denominada “The Ocean Mapping Expedition” e desenvolverase durante catro anos a bordo do veleiro suízo Fleur de passion, dotado de sensores de última tecnoloxía que detectarán e clasificarán os sons tanto de orixe humano como naturais, durante o recorrido do barco por todo o mundo. O sistema enviará en tempo real os sons, así como as imaxes das cámaras submarinas que se empregarán durante o proxecto, aos investigadores do LAB; estos datos serán de acceso público na web da expedición .
Atlas de Xustiza Ambiental
10/3/2015 Medio ambiente
A partires do día 3 de marzo, Día Mundial da Natureza, o proxecto Environmental Justice Organizations, Liabilities and Trade (EJOLT) pon a disposición un mapa interactivo que cataloga casos de resistencia contra proxectos e industrias que danan o medio ambiente e a saúde dos cidadáns, e no que se observa que o Estado español é o estado europeo no que se rexistran máis conflitos.
fracking
26/2/2015 Medio ambiente
O terremoto rexistrado o pasado luns en Albacete, puxo en marcha reaccións contrarias ao fracking (técnica de extracción de gas ou petróleo a través da inxección no subsolo de auga a presión mesturada con area e productos químicos) nesta zona na que hai concedidos dende setembro de 2012 permisos de investigación para hidrocarburos que incluirían ademáis da búsqueda convencional, a posibilidade de empregar esta técnica; en caso de resultar rendíble, para a súa explotación a empresa concesionaria debería solicitar unha avaliación de impacto medio ambiental e, entre os estudios a presentar estaría un informe de sismicidade da zona.
Bolsas plástico
12/2/2015 MEDIO AMBIENTE
O plástico é un material inerte, por si mesmo non ten toxicidade pero si contén aditivos que poden resultar daniños en elevadas concentracións para o medio e os animais mariños. A lexislación internacional esixe a ampliación do listado de contaminantes mariños, que ata agora contén metáis pesados, hidrocarburos poliaromáticos, organoclorados e organobromados, a sustancias de uso farmacéutico, limpadores, pesticidas e aditivos de plásticos.
Radón
16/12/2014 Saúde
O radón está relacionado co cancro de pulmón, até o punto de que é o principal factor de risco despois do tabaquismo, e o primeiro en nunca fumadores. Iso si, a moita distancia. Pero esta distancia non pode facernos relativizar a súa importancia, porque produce máis risco de cancro de pulmón que o tabaquismo pasivo. En Estados Unidos, as mortes por cancro de pulmón cuxo orixe se asocia ao radón residencial superan a todas as que producen os cancros de fígado e vías biliares. En Galicia as cifras non son menos preocupantes, entre o 3 e o 5 % das mortes por cancro de pulmón poden achacarse exclusivamente a este gas, e se se combinan co tabaco esta porcentaxe sobe ao 25 %. Hai ademais unha interacción entre radón residencial e tabaco, até o punto de que as posibilidades de que un fumador desenvolva cancro de pulmón elévanse até 73 veces, se na súa vivenda hai unha concentración de radón moi elevada.
Organización Metereolóxica Mundial
15/12/2014 Medio ambiente
O ano 2014 perfílase como o máis quente rexistrado até agora, segundo estimacións preliminares dadas a coñecer pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Se o que queda de decembro mantén o mesmo nivel rexistrado até agora, 2014 superaría a 2010, 2005 e 1998, considerados os máis calorosos, e confirmaría a tendencia de quecemento a longo prazo, explicou o organismo.
océano
12/12/2014 MEDIO AMBIENTE
Un equipo científico de EUA, Nova Zelandia, Chile, Francia, Sudáfrica e Australia cuantificou a contaminación de lixo de plástico presente nos mares de todo o mundo: cinco billóns de pezas de plástico que pesan preto de 269.000 toneladas. Os investigadores advirten de que, ao fragmentarse en anacos pequenos co tempo, os plásticos poden ser inxeridos pola fauna e pasar á cadea alimentaria.
contedores lixo
11/12/2014 Residuos
O concello de San Sadurniño vén de poñer en marcha esta semana un proxecto piloto en Galicia para a recollida selectiva de lixo na porta da casa de medio cento de vivendas de tres parroquias. Ten un triplo obxectivo: aforrar cartos, coidar do medio natural e asomar os veciños como recuperar a compostaxe dos restos orgánicos con novos usos nas leiras e no gando.
Radón
27/11/2014 Saúde
O grupo de Radón da Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar un artigo na revista European Respiratory Journal no que se asocia por primeira vez a concentración de radón residencial e a exposición a tabaquismo pasivo co risco de cancro de pulmón. O estudo (ao que acompaña un editorial) realizouse en sete hospitais galegos e un de Asturias, incluíndo máis de 500 suxeitos.
Suba nivel mar
26/11/2014 CAMBIO CLIMÁTICO
Os efectos deste fenómeno abranguen todos os ámbitos do litoral, dende a actividade nos portos ata o sector turístico, a intensificación dos temporais ou a destrución de ecosistemas e a erosión
Bolboreta monarca
20/11/2014 MEDIO AMBIENTE
A caza furtiva, o turismo ou a deforestación levaron o límite ao 8% das áreas naturais inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Lugares como a Reserva de caza de Selous (Tanzania) e a Reserva de Biosfera da bolboreta monarca en México presentan perigo crítico para a súa conservación no futuro, segundo o informe Perspectiva do Patrimonio Mundial presentado no Congreso Mundial de Parques en Sídney, celebrado neste mes de novembro.
Smart Citizen
14/11/2014 Medio ambiente
Proxecto baseado na retransmisión de información en directo a Internet empregando redes wifi de sensores ambientais instalados en todos os recunchos da Terra. Desde unha páxina web poden consultase os indicadores ambientais de calquera lugar do mundo, como por exemplo temperatura, humidade, luminosidade, polución. Isto é o que xa está a facer o proxecto Smart Citizen, grazas un par de placas Arduino con wifi integrado e varios sensores.
Lagoa da Frouxeira
13/11/2014 MEDIO AMBIENTE
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza anunciou o comezo dunha “nova e irracional alteración da lagoa da Frouxeira (Valdoviño) que culminará, outra volta, co baleirado mecánico do humidal”, segundo denuncia Adega. A plataforma ambientalista considera que “de nada serviron as seis figuras de protección que posúe A Frouxeira”, á vez que alerta que “os bulldóceres xa están instalados sobre as dunas grises (hábitats prioritarios) e só agardan a orde para iniciar o baleirado artificial da lagoa”.
Climate change 2014
5/11/2014 Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático.
A influencia humana no sistema climático é clara, vai en aumento, e os seus impactos obsérvanse en todos os continentes. Con todo, existen opcións para a adaptación ao cambio climático, e con actividades de mitigación rigorosas pódese conseguir controlalas. Estas son as principais conclusións do Informe de síntese publicado polo Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático. Se non se lle pon freo, o cambio climático fará que aumente a probabilidade de impactos graves, xeneralizados e irreversibles nas persoas e os ecosistemas, segundo a avaliación do cambio climático máis completa realizada que fixo pública o Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC). O Informe presentado onte é unha síntese onde se expoñen e integran as conclusións do Quinto Informe de Avaliación do IPCC producidas por máis de 800 científicos e publicadas nos últimos 13 meses.
Comisión europea
23/10/2014 CONTAMINACIÓN
O pasado 25 de setiembre a Comisión Europea publicou a súa proposta de medidas para reducir as emisións dos principais contaminantes atmosféricos procedentes dos motores das máquinas móbiles que non circulan por estrada e ao mesmo tempo reducir a complexidade do marco legal para o sector.
Plataforma contra a autoestrada A76
7/10/2014 Medio ambiente
Dende a Plataforma contra a Autoestrada A-76 pola Ribeira Sacra sosteñen que o trazado previsto afecta a este privilexiado espazo, atravesando aldeas e destrozando o patrimonio. Para reforzar os seus puntos de vista, celebraron un roteiro por distintas aldeas e parroquias de Nogueira de Ramuín, municipio onde se concentrarán as presuntas agresións ao medio natural, segundo a información que manexa esta plataforma.
energía eólica
18/9/2014 Enerxía
Un estudo do grupo de investigación Bilbao Energy Research Team (BERT) da Universidade do País Vasco conclúe que a enerxía eólica segue dando máis aforros que o que supoñen os seus incentivos, mentres que as tecnoloxías solares fotovoltaicas aínda se atopan en fase de desenvolvemento. O traballo publícase na revista Energy Policy.
Gases efecto invernadoiro
15/9/2014 CONTAMINACIÓN
Os niveis de dióxido de carbono, causantes do efecto invernadoiro, aumentaron máis entre 2012 e 2013 que durante calquera outro ano dende 1984, segundo se indica no Boletín anual da Organización Meteorolóxica Mundial.
embarazo e contaminación
27/8/2014 CONTAMINACIÓN
Científicos do centro CREAL do Instituto de Saúde Global de Barcelona avaliaron se a exposición á contaminación do aire durante o embarazo afecta o desenvolvemento psicomotor e cognitivo nos primeiros anos de vida dos nenos e nenas. Os resultados revelan unha asociación entre a presenza de dióxido de nitróxeno (NON2), que procede maioritariamente do tráfico, e outros contaminantes durante esa etapa e un atraso no desenvolvemento psicomotor dos fillos.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais