Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Desigualdade Xénero
26/1/2015 OIT
Aínda que as mulleres seguen estando pouco representadas nas altas esferas da xestión, o número de mulleres en cargos directivos altos e medios aumentou durante os últimos 20 anos, constata un novo estudo realizado pola Oficina de Actividades para os Empregadores da OIT.
Igualdade
29/12/2014 CONCILIACIÓN
O presidente da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios, Ignacio Buqueras, fixo fincapé na necesidade de impulsar a corresponsabilidade no fogar xa que as mulleres "saíron de casa para traballar pero os homes aínda non entraron na casa". "Non se trata só de axudar, senón de ser corresponsables no fogar", asegurou.
Mulleres CIG
25/11/2014 Igualdade
Segundo datos da ONU, un 35% das mulleres de todo o mundo sofren violencia física e/ou sexual no contexto das relacións de parella, ou violencia sexual exercida por outros homes, estatísticas que ascenden en moitos casos a preto dun 70% das mulleres. No caso da Unión Europea, a metade das mulleres enquisadas recoñeceron sufrir nalgún momento da súa vida insinuacións sexuais non desexadas, contacto físico ou outras formas de acoso sexual no traballo.
Conciliación
21/11/2014 Conciliación
A flexibilidade dos horarios de traballo para poder conciliar a vida laboral e familiar en Europa é aínda "moi insuficiente", algo que se acrecenta no Estado español, un dos países da Unión Europea onde máis difícil é esta conciliación, segundo o Informe de Evolución da Familia Europea en 2014 do Instituto de Política Familiar presentado esta semana.
Incorporación de xénero na práctica da seguridade e saúde ocupacional
17/11/2014 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
Mulleres e homes non son iguais, e os postos de traballo que ocupan, as súas condicións de traballo e as circunstancias e como a sociedade os trata non son os mesmos. Todos estes factores poden afectar aos riscos que afrontan no traballo e ao enfoque que debe ser tomado para evitar estes riscos. O recoñecemento máis xeneralizado sobre a importancia de ter en conta as diferenzas de xénero en seguridade e saúde no traballo (SST) é relativamente recente, aínda que o número de iniciativas vistos nesta área vai en aumento.
Desigualdade Xénero
14/11/2014 Psicosocial
Seguro que si, pero de forma distinta se es home ou muller. Os neurocientíficos teñen descuberto evidencias que suxiren que, cando a presión aparece, as mujeres aportan fortalezas únicas á toma de decisións. Neste artigo, cítanse os traballos de 8 investigadores de 6 universidades, 4 estudos con persoas e 2 casos reais.
Tribunal Constitucional
20/6/2014 Igualdade
O Tribunal Constitucional deu a razón a unha funcionaria á que non lle recoñeceron os mesmos dereitos que ao resto ao ter que pospor un curso obrigatorio porque lle coincidía coa data de parto. A funcionaria da Administración de Xustiza da Comunidade de Madrid solicitou a equiparación para todos os efectos coas súas compañeiras e compañeiros de promoción ao entender que se vulnerou o dereito á non discriminación por razón de sexo. Esta funcionaria superara o proceso selectivo e tivo que pospor o curso selectivo obrigatorio para tomar posesión da súa praza ao coincidir este con a data do seu parto
Maternidade OIT
15/5/2014 OIT
Desde 1919, cando a Organización Internacional do Traballo (OIT) adoptou o seu primeiro Convenio sobre a protección da maternidade, a maioría dos países adoptaron disposicións en materia de protección da maternidade. Con todo, polo menos 830 millóns de traballadoras aínda non contan cunha protección adecuada, segundo un novo informe da OIT. No seu informe, "A maternidade e a paternidade no traballo: Lexislación e práctica no mundo", a OIT sinala que de 185 países e territorios, 66 comprometéronse con polo menos un do tres convenios sobre protección da maternidade, adoptados en 1919, 1952 e 2000.
Mulleres CIG
7/3/2014 8 de marzo
O denominado Día Internacional da Muller Traballadora leva celebrándose dende hai máis de 100 anos; nesta data recoñécese a función das mulleres e as súas contribucións a sociedade. As mulleres son o 45% da poboación empregada na Unión Europea. A pesares desta alta porcentaxe de mulleres dentro da poboación ocupada, aínda demasiados postos de traballo son deseñados tendo en mente un traballador home. Unha aproximación á seguridade a a saúde no traballo dende unha perspectiva de xénero faise necesaria para facer as vidas laborables das mulleres máis sas, seguros e máis produtivas.
New risks
5/2/2014 IGUALDADE
Este informe presenta unha actualización da investigación previa da Axencia sobre as cuestións de xénero no traballo, que mostrou que a desigualdade tanto dentro coma fóra do lugar de traballo pode ter un efecto sobre a saúde e a seguridade das mulleres no traballo.
Conciliación
3/2/2014 CONCILIACIÓN
Nos países do sur de Europa e nos anglosaxóns, que non dispoñen de bos servizos públicos para o coidado de familiares, os cidadáns teñen peor saúde que nos países nórdicos e do leste de Europa, debido ás altas cargas familiares e laborais. Así o pon de manifesto un estudo do proxecto europeo Sophie.
Igualdade
8/1/2014 IGUALDADE
Este informe subliña a necesidade de realizar unha análise que teña en conta a dimensión do xénero sobre os patróns e tendencias laborais nos mercados de traballo europeos. A pesar de moitos anos de lexislación, seguen existindo diferenzas de xénero en moitos aspectos do mercado laboral: mulleres e homes encontran emprego en diferentes ocupacións e sectores, asinan diferentes contratos, reciben un salario a miúdo diferente e pasan diferentes cantidades de tempo no seu posto.
BOE
27/12/2013 CONCILIACIÓN
O Goberno ven de aprobar un Real Decreto Ley polo que se amplía en catro anos o período de tempo no que os traballadores poden solicitar unha reducción de xornada para o coidado de fillos. Ata o de agora podía optarse á reducción de xornada ata que o fillo cumpría 8 anos, coa nova norma o prazo extenderase ata os 12 anos, segundo se especifica no apartado cuarto do artigo primeiro, sobre o Fomento do traballo a tiempo parcial e da flexibilidade no tempo de traballo.
BIBB-BaUA
14/11/2013 SAÚDE LABORAL
O Instituto Federal alemán para a Seguridade e Saúde no Traballo (Bundesanstalt für Arbeitsschutz und Arbeitsmedizin, BAuA) en cooperación co Instituto Federal para a Formación Profesional (Bundesinstitut für Berufsbildung BIBB) realizou en 2012 unha enquisa na que se entrevistou a 20.036 traballadores cunha xornada de traballo superior a 10 horas/semana e de cuxos resultados se deduce que as mulleres se ven afectadas por enfermidades relacionadas co traballo con maior frecuencia que os homes.
Desigualdade Xénero
17/10/2013 Psicosocial
Investigadores da Universitat Pompeu Fabra estudaron como as desigualdades de xénero na exposición aos factores de risco psicosociais derivados do traballo en Europa varían en función do estado do benestar e da clase social ocupacional.
Podería adoptar o estado español un novo horario?
24/9/2013 CONCILIACIÓN
O Congreso pechou o informe polo que pide ao Goberno un estudo socioeconómico para coñecer en detalle cal sería a incidencia económica global dun posible cambio de fuso horario no estado español, recuperando a antiga vinculación ao fuso horario de Greenwich (unha hora menos). O informe ademais aposta polas xornadas continuas de traballo, cunha breve pausa para comer, para favorecer a vida persoal e laboral.
lactancia
5/7/2013 Maternidade
O 89% das nais do estado español con nenos menores de dous anos dan ou deron de mamar aos seus fillos, indica unha enquisa da Iniciativa Global pola Lactación. Con todo, aínda que as nais consideran que a idade óptima para deixar de dar o peito son os 17 meses, a volta ao traballo e a pouca consideración social obrígalles a parar ao seis meses. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) o ideal é que un neno se alimente de forma exclusiva con leite materno durante o seis primeiros meses de vida, e logo pase a combinar este tipo de alimentación con outra, sen abandonala do todo até os dous anos.
Igualdade, salarios
21/6/2013 COMISIÓN EUROPEA
O Estado español logrou un aprobado raso, cunha nota de 54 sobre 100, no Índice de Igualdad de Género que publica a Comisión Europea por primeira vez este ano; un resultado que coloca a situación das mulleres do Estado español en liña coa media europea, tamén con 54 puntos, pero lonxe dos países nórdicos, onde os resultados superan os 70 puntos.
Muller posto dirección
19/6/2013 Igualdade
O Goberno creará comités de seguimento coas empresas -constituídos por representantes da Administración e as compañías- para supervisar o aumento de mulleres nos órganos de dirección, segundo anunciou a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, durante un encontro con representantes de empresas do Ibex 35 na sede do seu departamento.
Conciliación
9/5/2013 IGUALDADE
Máis da metade das nais e os pais cun emprego remunerado fóra de casa recoñecen que lles custa conciliar a súa faceta profesional coa súa vida familiar, en especial no que concirne á educación dos seus fillos, segundo se desprende dun informe elaborado en Estados Unidos polo Pew Research Center.
Directivos
8/5/2013 IGUALDADE
As deputadas da Unión Demócrata Cristiá (CDU) na Cámara Baixa (Bundestag) pregáronse ao ditado da chanceler Angela Merkel e rexeitaron a introdución dunha cota feminina na dirección das grandes empresas alemás
Tribunal Supremo
7/5/2013 MATERNIDADE
A Sala do Social do Tribunal Supremo estimou un recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, fronte a unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao considerar que a avaliación dos riscos en caso de lactación natural en relación co posto de traballo ha de ser específica, que alcance á determinación da natureza, grao e duración da exposición.
Acoso
7/3/2013 PSICOSOCIAL
A OIT destaca o tema do acoso sexual no lugar de traballo en ocasión do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. O lema este ano é "Deter a violencia no traballo".
nai e fillo
1/3/2013 Maternidade
O Tribunal Europeo de Dereitos Humáns recoñece o dereito das nais a reducir a xornada laboral para coidar aos seus fillos. A institución, con sede en Estrasburgo, dá a razón a unha muller que chegou a pedir amparo ao Tribunal Constitucional porque o supermercado no que traballaba a tempo completo non aceptou a proposta de redución de xornada que ela presentou para encargarse do seu fillo, menor de seis anos. O Estado deberá agora indemnizala con 16.000 euros máis intereses de demora.
Cancro, prestación fillos
25/2/2013 MATERNIDADE E PATERNIDADE
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social recoñeceu en 2012 as prestacións por fillos con cancro ou outras enfermidades graves a un total de 1.177 pais e nais traballadores para poder coidar dos seus fillos enfermos, fronte aos 687 de 2011, segundo os últimos datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidade Profesional. Este venres celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro.
Maternidade, paternidade
12/2/2013 MATERNIDADE E PATERNIDADE
A Seguridade Social dedicou un total 1.950 millóns de euros (1.949.456.104,99 €) ao pagamento das prestacións por maternidade (1.741.730.622,84 €) e paternidade (208.725.482,15 €), entre xaneiro e decembro de 2012.
Xénero e cor de pel
4/2/2013 IGUALDADE
As mulleres de minorías étnicas enfrontan unha dobre discriminación no lugar de traballo a causa da cor da súa pel e do seu xénero. Moitas fracasan cando presentan a solicitude de emprego só debido ao seu nome.
Maternidade no traballo
21/1/2013 MATERNIDADE
O Hospital de Xerez estudou durante 2012 os riscos laborais de máis de 70 traballadoras embarazadas; este proceso iníciase cando a profesional comunica o seu estado de gravidez á Unidade de Prevención de Riscos Laborais (UPRL) do centro, que valora entón se a tarefa que desempeña pode danar a súa saúde ou a do futuro bebé.
Muller científica
9/1/2013 Igualdade
A ciencia e a tecnoloxía avanzan a un ritmo rápido, e ofrecen novas oportunidades no lugar de traballo. As mulleres, sin embargo, corren o risco de quedar rezagadas. É unha cuestión de actitudes, non de aptitudes. “As mulleres tenden a estar demasiado representadas nas humanidades e nas ciencias sociais, e pouco nas ciencias e na tecnoloxía”, declarou Claude Akpokavie, da Oficina de Actividades para os Traballadores (ACTRAV) da OIT.
Desigualdade Xénero
13/12/2012 IGUALDADE
As disparidades entre sexos nos mercados do traballo a nivel mundial mostraron certa converxencia na primeira parte da última década. Non obstante, esta diferenza aumentou dende que estalou a crise en 2007, segundo un informe da OIT producido en colaboración con ONU Mulleres. A situación varía bastante dunha rexión a outra.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais