Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
CADENA MONTAXE
28/12/2015 SAÚDE LABORAL
A empresa automobilísitica Audi prevé introducir no vindeiro ano o uso por parte dos operarios dunhas luvas especiais para as actividades industriais en serie, propias das cadeas de montaxe. No caso dos/as traballadores/as dedicados/as á colocación das portas nos coches, fan un promedio de instalación de 300 molduras por quenda, o que supón un notable sobre-esforzo para as súas mans e pulso.
Sentencia accidente traballo
16/12/2015 SENTENZA
O director da empresa e o técnico de prevención foron condenados como autores de senllos delitos contra os dereitos dos traballadores, en modalidade imprudente, e de homicidio por imprudencia grave tras o acordo ao que chegaron antes da celebración da vista oral o fiscal e a representación legal dos acusados.
Contrato
9/12/2015 PSICOSOCIAL
O estudo destaca que, a medida que aumenta a inestabilidade laboral, aumenta tamén o empeoramento da saúde mental, chegando a triplicar a incidencia respecto dos grupos con empregos máis estables e afecta máis a mulleres que a homes.
Fukushima
3/12/2015 HIXIENE
O goberno de Xapón recoñeceu en outubro o primeiro caso de cancro relacionado directamente co desastre nuclear de Fukushima de 2011, no que os reactores da central foron inundados tras o terremoto e o posterior tsunami.
Sentenza
3/12/2015 SENTENZA
O Xulgado do Penal número 2 de Almería condenou a un ano de prisión e unha multa de sete meses a razón de 12 euros diarios ao promotor da obra, o representante dunha das subcontratas, o encargado da obra, a coordinadora en materia de seguridade, o arquitecto e director dos traballos, e o aparellador e encargado de execución, por un delito contra os dereitos dos traballadores por non facilitar os medios adecuados para a seguridade no traballo.
Fallo  xudicial
2/12/2015 SENTENZA FIRME
A Audiencia Provincial de Palencia ratificou unha sentenza ditada polo Xulgado do Penal de Palencia, que condenou ao alcalde de San Mamés de Campos, á pena de tres meses de prisión e 540 euros de multa como autor responsable dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso de normas cun delito de lesións imprudentes, como consecuencia dun accidente laboral ocorrido en 2012.
Sentenza
30/11/2015 SENTENZA
O Xulgado do Penal número 1 de Almería condenou aos dous administradores a penas de seis meses de prisión e inhabilitación especial para o exercicio da profesión de empresario durante un ano e medio, pola morte dun traballador, que se atopaba limpando unha carretilla que permanecía elevada.
Estres laboral
26/11/2015 SAÚDE LABORAL
Ditas universidades cuantificaron canto pode reducir a túa esperanza de vida traballar nun lugar estresante. O estudo suxire que a cantidade de vida perdida é equivalente á tensión; aínda que o seu dano varía coa raza, nivel educativo e xénero en ata case tres anos de vida.
enfermidade profesional
19/11/2015 SAÚDE LABORAL
Na investigación levaron a cabo un metaanálise de 61 estudos anteriores cun total de 175.960 participantes e detectaron severidade en empresas respecto das ausencias, aínda que estivesen xustificadas. Outro dos achados da investigación é que este comportamento xorde moitas veces dun gran sentido de compromiso coa empresa, algo que motiva a dar ese esforzo extra que atenta contra a propia saúde e contra os intereses da propia empresa, porque pode espallar a doenza a outros traballadores/as.
Accidente tráfico
12/11/2015 SEGURIDADE
Os/as traballadores/as do Estado español sofren o dobre de accidentes de tráfico no seu traxecto de ida ao traballo (un 64%) que á volta (33%), segundo un estudo da Fundación Mapfre, no que se analizaron datos do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT). O 21% destes accidentes prodúcense en luns, baixando esta porcentaxe nos outros días da semana.
Fallo  xudicial
11/11/2015 SENTENZA
A sentenza do Social nº 2 de Avilés considera probado que "dende o ano 2007 ata finais de 2010 ou principios de 2011 estivo exposto sen a protección adecuada ao benceno no seu posto de traballo".
A exposición a pesticidas aumenta o risco de sufrir diabete tipo 2
10/11/2015 HIXIENE
Segundo un estudo da UniversidadE de Ioannina e do London Imperial College, a exposición a calquera tipo de pesticida supón un 61% máis de probabilidades de padecer diabetes. Esta é a conclusión tras revisar 21 estudos previos sobre un total de 67.000 casos.
O TRABALLO AFECTA Á SAÚDE
30/10/2015 PSICOSOCIAL
A precariedade laboral, -entendida como un conxunto de factores nos que se inclúe a temporalidade no emprego, a imposibilidade de decidir sobre as condicións de traballo, a vulnerabilidade ante os abusos, os baixos salarios e a insuficiencia de dereitos-, inflúe negativamente na saúde xeral e na saúde mental dos traballadores.
Tabaco
26/10/2015 SAÚDE
Segundo revelan os resultados do estudo "Impacto do consumo de tabaco sobre a mortalidade en España no ano 2012" as mortes a consecuencia do consumo de tabaco en España supoñen o 15,23% do total. En concreto, esta investigación levada a cabo por epidemiólogos e investigadores de Castela León e Madrid conclúe que durante ese ano alcanzouse o pico máis alto de mortalidade por tabaquismo, alcanzando os 60.456 falecementos.
Glifosato
23/10/2015 SAÚDE
A ministra de Ecoloxía de Francia anunciou en xuño que prohibiría a venda do glifosato, comercializado como Roundup, tras as evidencias dos seus efectos canceríxenos. Agora é o estado de California o que etiqueta o glifosato como produto canceríxeno. No Estado, onde é o herbicida máis vendido e utilizado, o Ministerio de Agricultura non se pronuncia e dende 2009 favorece a súa utilización en cultivos en todo o territorio nacional.
atasco
21/10/2015 SEGURIDADE
Segundo un informe da Fundación Mapfre, elaborado con datos do INSHT, cada dous días morre un traballador en accidente de tráfico durante a súa xornada laboral. A metade do total de accidentes mortais de traballadores son de tráfico.
laberinto mentes
8/10/2015 PSICOSOCIAL
O proxecto ROAMER (Roadmap for Mental Health Research in Europe), -coordinado polo Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), dependente do Instituto de Saúde Carlos III- desenrolou unha ampla folla de ruta para a investigación en saúde mental en Europa
Tabaco
6/10/2015 SAÚDE
O último informe do Observatorio Español da Droga e as Toxicomanías sobre consumo de sustancias psicoactivas no ámbito laboral en España sinala que aínda fuman a diario un 34% dos traballadores, unha cifra similar á de 2007, cando entraron en vigor as primeiras lexislacións que restrinxiron o consumo e comezaron a realizarse este tipo de estudos.
Sentenza
1/10/2015 Sentenza
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense ven de desestimar o recurso de apelación interposto pola defensa do que foi xerente do Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, e confirma integramente a Sentenza do Xulgado do penal nº 2, de 27 de marzo de 2015, que o condenou a seis meses de prisión por cada un dos delitos declarados probados: contra a integridade moral (artigo 173.1, parágrafo 2 do C.P.) e de lesións psíquicas (artigo 147.1 C.P.), con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a condena. Así mesmo, deberá indemnizar á traballadora acosada, con responsabilidade civil subsidiaria do Concello de Ourense. Esta Sentenza da Audiencia Provincial é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso algún.
Fallo  xudicial
21/9/2015 SENTENZA
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) recoñeceu como accidente de traballo o período de baixa que o traballador dunha empresa subcontratada por Cegasa padeceu durante case dous anos. A mutua terase que facer cargo da súa prestación.
Tempo de traballo
16/9/2015 sentenza
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea, indica que o desprazamento que realiza un trababallador/a sen posto de traballo fixo entre o seu domicilio e o primeiro ou o último cliente se considera tempo de traballo. O Tribunal considera que "dado que os desprazamentos son consustanciais á condición deste tipo de traballador/a, o lugar de traballo destos traballadores/as non pode reducirse aos lugares de intervención física nos domicilios ou establecementos dos clientes do empresario/a".
accidente laboral
2/9/2015 Accidente laboral
A Sala do Social do TS condenou a unha empresa de traballo temporal por non adoptar as medidas necesarias para impedir o accidente dunha traballadora. Na sentenza, afirmase que corresponde á traballadora, segundo as súas posibilidades, observar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade. Así mesmo, a empresa debe realizar unha vixilancia idónea sobre o cumprimento por parte dos traballadores das normas de prevención, "non tratándose dunha mera obrigación formal que se cumpra justificando posuír uns detallados plans de seguridade e saúde se non se constata que os mesmos son efectivamente aplicados e que os concretos traballadores foron plenamente instruídos, nin basta con entregar equipos de protección ou outros medios adecuados se non se vixía eficazmente a súa utilización tolerando o seu non emprego ou o seu inadecuado uso".
ictus
1/9/2015 Saúde laboral
Segundo un estudo publicado pola revista The Lancet, o risco de sufrir un accidente cardiovascular é maior entre aqueles que traballan 55 horas ou máis á semana, que entre os que teñen unha xornada laboral de 35 ou 40 horas semanais. A directora deste traballo de investigación, profesora de Epidemioloxía na University College London, indica que para chegar a esta conclusión se avaliaron máis de corenta investigacións divididas en dous grupos de estudos.
Traballar con calor, INSHT
29/7/2015 Seguridade
No verán moitos/as traballadores/as realizan as súas tarefas no exterior. Ás elevadas temperaturas, hai que engadir a acumulación de calor corporal xerado na actividade física. A exposición á calor pode ter como consecuencias erupción na pel, edema nas extremidades, queimaduras, cambras musculares, deshidratación, agotamiento, ... e o golpe de calor. Deixamos aquí uns consellos básicos para combater os efectos da calor.
Productos químicos
27/7/2015 Hixiene
Un estudo realizado por 174 científicos de 28 países, no que se analizaron os efectos de 85 substancias químicas de uso frecuente, conclúe que un de cada cinco cancros podería estar provocado pola exposición a doses baixas de varias substancias químicas, o que se coñece como efecto cóctel. Así mesmo, nun traballo realizado polas Unidades de Prevención de Riscos Laborais dos Hospitais Universitarios de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e polas Unidades Docentes de Mediciña do Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e da Comunidade Autónoma de Madrid, verifícase a asociación entre a exposición a determinados axentes químicos no ámbito laboral e o cancro de pel.
Silicose
22/7/2015 sentenza
O exdirectivo (a fábrica de sanitarios pechou) foi condeado como autor de 35 delitos de lesións por imprudencia grave e outro contra os dereitos dos traballadores. A pena ascende a un ano e tres meses de cárcere, así como ao abono de 2,4 millóns de euros aos empregados. O xuíz do Xulgado do Penal número 1 de Valencia, apreciou a "atenuante moi cualificada de dilacións indebidas" o que supuxo a redución da condea. Neste proceso tamén foron condeadas as empresas Cerámicas Sanitarias Reunidas e Uralita como responsables civiles subsidiarias.
Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2015: o emprego en plena mutación
21/7/2015 OIT
O recente informe da OIT "Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2015: o emprego en plena mutación", analiza datos recollidos ao longo de 20 anos, de 63 países entre os que están as economías máis avanzadas, así como países de África, Asia e América Latina. No informe constátase que a redución da proteción a traballadores/as non estimula o crecemento do emprego.
Glifosato
17/7/2015 SAÚDE
O glifosato foi considerado como "probable canceríxeno" o pasado mes de marzo pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro, dependente da Organización Mundial da Saúde. O ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, polo de agora non tomou medida algunha. En Francia a ministra de Ecoloxía anunciou que propoñerá a prohibición da venda libre do herbicida.
Sentenza
16/7/2015 sentenza
O Xulgado do Penal 2 de Vigo acolleu a vista de conformidade deste caso, no que os acusados, tres arquitectos, tres aparelladores, o xefe de obras da construtora e o encargado de obras do edificio, aceptaron a condea. O suceso tivo lugar en 2009, nas obras de construción dun edificio, cando unha limpadora se precipitou ao valeiro dende unha altura de máis de sete metros ao pisar un falso chan de lana de roca, falecendo a consecuencia das feridas sufridas; o falso chan estaba situado nun oco que non tiña ningún tipo de sinalización.
Accidente tráfico
15/7/2015 Seguridade
Segundo datos do Ministerio de emprego e Seguridade Social, durante o ano 2014 producíronse 65.201 accidentes in itínere, aqueles que se producen ao ir ou vir do traballo, un 2,3% máis que no ano 2013. Os accidentes in itínere supoñen o 13,51% do total dos accidentes laborais que causan baixa. Engadindo a estos os accidentes in mision, que son os sufridos polo traballador/a nos traxectos que realiza para cumprir coas súas obrigas no traballo, obtemos que entre os dous estamos a falar do 20,55% do total dos accidentes laborais.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais