Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
accidente laboral
2/9/2015 Accidente laboral
A Sala do Social do TS condenou a unha empresa de traballo temporal por non adoptar as medidas necesarias para impedir o accidente dunha traballadora. Na sentenza, afirmase que corresponde á traballadora, segundo as súas posibilidades, observar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade. Así mesmo, a empresa debe realizar unha vixilancia idónea sobre o cumprimento por parte dos traballadores das normas de prevención, "non tratándose dunha mera obrigación formal que se cumpra justificando posuír uns detallados plans de seguridade e saúde se non se constata que os mesmos son efectivamente aplicados e que os concretos traballadores foron plenamente instruídos, nin basta con entregar equipos de protección ou outros medios adecuados se non se vixía eficazmente a súa utilización tolerando o seu non emprego ou o seu inadecuado uso".
ictus
1/9/2015 Saúde laboral
Segundo un estudo publicado pola revista The Lancet, o risco de sufrir un accidente cardiovascular é maior entre aqueles que traballan 55 horas ou máis á semana, que entre os que teñen unha xornada laboral de 35 ou 40 horas semanais. A directora deste traballo de investigación, profesora de Epidemioloxía na University College London, indica que para chegar a esta conclusión se avaliaron máis de corenta investigacións divididas en dous grupos de estudos.
Traballar con calor, INSHT
29/7/2015 Seguridade
No verán moitos/as traballadores/as realizan as súas tarefas no exterior. Ás elevadas temperaturas, hai que engadir a acumulación de calor corporal xerado na actividade física. A exposición á calor pode ter como consecuencias erupción na pel, edema nas extremidades, queimaduras, cambras musculares, deshidratación, agotamiento, ... e o golpe de calor. Deixamos aquí uns consellos básicos para combater os efectos da calor.
Productos químicos
27/7/2015 Hixiene
Un estudo realizado por 174 científicos de 28 países, no que se analizaron os efectos de 85 substancias químicas de uso frecuente, conclúe que un de cada cinco cancros podería estar provocado pola exposición a doses baixas de varias substancias químicas, o que se coñece como efecto cóctel. Así mesmo, nun traballo realizado polas Unidades de Prevención de Riscos Laborais dos Hospitais Universitarios de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e polas Unidades Docentes de Mediciña do Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e da Comunidade Autónoma de Madrid, verifícase a asociación entre a exposición a determinados axentes químicos no ámbito laboral e o cancro de pel.
Silicose
22/7/2015 sentenza
O exdirectivo (a fábrica de sanitarios pechou) foi condeado como autor de 35 delitos de lesións por imprudencia grave e outro contra os dereitos dos traballadores. A pena ascende a un ano e tres meses de cárcere, así como ao abono de 2,4 millóns de euros aos empregados. O xuíz do Xulgado do Penal número 1 de Valencia, apreciou a "atenuante moi cualificada de dilacións indebidas" o que supuxo a redución da condea. Neste proceso tamén foron condeadas as empresas Cerámicas Sanitarias Reunidas e Uralita como responsables civiles subsidiarias.
Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2015: o emprego en plena mutación
21/7/2015 OIT
O recente informe da OIT "Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2015: o emprego en plena mutación", analiza datos recollidos ao longo de 20 anos, de 63 países entre os que están as economías máis avanzadas, así como países de África, Asia e América Latina. No informe constátase que a redución da proteción a traballadores/as non estimula o crecemento do emprego.
Glifosato
17/7/2015 SAÚDE
O glifosato foi considerado como "probable canceríxeno" o pasado mes de marzo pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro, dependente da Organización Mundial da Saúde. O ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, polo de agora non tomou medida algunha. En Francia a ministra de Ecoloxía anunciou que propoñerá a prohibición da venda libre do herbicida.
Sentenza
16/7/2015 sentenza
O Xulgado do Penal 2 de Vigo acolleu a vista de conformidade deste caso, no que os acusados, tres arquitectos, tres aparelladores, o xefe de obras da construtora e o encargado de obras do edificio, aceptaron a condea. O suceso tivo lugar en 2009, nas obras de construción dun edificio, cando unha limpadora se precipitou ao valeiro dende unha altura de máis de sete metros ao pisar un falso chan de lana de roca, falecendo a consecuencia das feridas sufridas; o falso chan estaba situado nun oco que non tiña ningún tipo de sinalización.
Accidente tráfico
15/7/2015 Seguridade
Segundo datos do Ministerio de emprego e Seguridade Social, durante o ano 2014 producíronse 65.201 accidentes in itínere, aqueles que se producen ao ir ou vir do traballo, un 2,3% máis que no ano 2013. Os accidentes in itínere supoñen o 13,51% do total dos accidentes laborais que causan baixa. Engadindo a estos os accidentes in mision, que son os sufridos polo traballador/a nos traxectos que realiza para cumprir coas súas obrigas no traballo, obtemos que entre os dous estamos a falar do 20,55% do total dos accidentes laborais.
traballar de pe
13/7/2015 Ergonomía
Esta afirmación derívase dun estudo encargado polas autoridades británicas de Saúde Pública, elaborado por expertos do Reino Unido, EEUU e Australia. Segundo este traballo, debería producirse unha revolución nos lugares de traballo, de xeito que se introducisen mesas que permitisen traballar tanto de pe como sentado; segundo se estima neste estudo, o tempo mínimo para permanecer de pe no traballo debe ser de dúas horas, e o ideal catro horas.
Exceso información
3/7/2015 PSICOSOCIAL
A síndrome Síndrome de Fatiga Informativa (IFS) dáse en persoas que tenden a manexar grandes cantidades de información procedente de libros, revistas, xornais, correos electrónicos, móbiles e sobre todo redes sociais. Os síntomas máis destacados deste son: estrés, ansiedade, confusión, problemas de atención e concentración, dificultade para a análise e a toma de decisións, superficialidade e danos nas relacións persoais.
Fallo  xudicial
1/7/2015 SENTENZA
O administrador dunha empresa e o arquitecto e coordinador de seguridade condenados a pagar unha multa de 2.730 euros por un delito contra os dereitos dos traballadores de imprudencia grave con resultado de lesións.
Postura smartphone
24/6/2015 Ergonomía
Manter unha boa postura é fundamental para evitar problemas de saúde. No caso dos traballos sedentarios, as malas posturas poden dar lugar a dores de espalda, de cabeza, fatiga visual e cansanzo crónico entre outros. A día de hoxe, o teléfono móbil ou smartphone ten un espazo moi importante na nosa vida tanto como ferramenta de traballo como na nosa vida fora do traballo. O emprego que facemos del pode ter consecuencias importantes dende o punto de vista ergonómico, xa que a postura que adoptamos para consultalo ou traballar con él supón unha presión sobre as vértebras do pescozo. Presión que pode dar lugar a dores de cabeza e lumbares.
Absentismo por sectores
18/6/2015 SAÚDE
O IV informe Adecco sobre absentismo indica que as taxas de absentismo laboral repuntan por primeira vez en seis anos, pasando do 4,1% no 2013 ao 4,4% no 2014. Cuestión a ter en consideración sobre o absentismo laboral é a análise que as empresas fan do mesmo: cando se investiga, case sempre se analiza ao traballador/a de xeito illado, sen ter en conta factores da organización interna da empresa como as relacións laborais, a carga de traballo, a xornada ou as condicións salariais.
Nanopartícula dióxido titanio
12/6/2015 Hixiene
Un estudo publicado na revista Environmental Engineering Science atopou que os nanomateriales de óxidos metálicos, como o dióxido de titanio, empregado en alimentos, caramelos, protectores solares e outros cosméticos, "provocaron cambios significativos, non letais" na flora microbiana do intestino humano. Os científicos expresaron a súa preocupación de que tales cambios "poden estar relacionados cos efectos na saúde en xeral."
Sentenza túnel carpiano
8/6/2015 XURISPRUDENCIA
O 5 de novembro de 2014 a Sala do Social do Tribunal Supremo cualificou como enfermidade profesional a Síndrome do Túnel Carpiano Bilateral padecido por unha limpadora.
Nanomateriais
5/6/2015 Hixiene
Ante o escaso interese que amosa a Comisión Europea en crear un rexistro europeo de nanomateriais, Suecia sigue o camiño de Francia, Dinamarca e Bélxica e da un paso adiante cara a creación do seu rexistro de nanomateriais, encargando traballo á Axencia Sueca para as Substancias Químicas (KEMI) o deseño deo mesmo.
Sentenza
3/6/2015 sentenza
Nesta sentenza o Alto Tribunal cambia de criterio en relación a unha sentenza anterior (sentenza de 28 de outubro de 2014 sobre un caso similar) tras “unha meditada reconsideración da cuestión”, entendendo que a transmisión da responsabilidade non só opera respecto das prestacións causadas no momento de producirse a sucesión, senón tamén respecto das que estén pendentes de recoñecer e das que se están xerando, con independencia de que a data de recoñecemento da prestación sexa posterior á data de sucesión.
Sentenza
2/6/2015 sentenza
O caso corresponde a un traballador falecido a causa de enfermidade profesional, asbestose, recoñecida con posterioridade á sucesión na titularidade das empresas nas que exerceu a súa labor profesional .A xurisprudencia establece que nos casos de sucesión de empresas, a responsabilidade que conleva o recargo de prestacións, calquera que sexa o momento da súa declaración, é intransferible pola vía da sucesión da empresa.
Alerxia
1/6/2015 Saúde laboral
A rinite alérxica afecta entre un 10% e un 20% da poboación nos países industrializados; os diagnósticos de asma incrementáronse entre un 4% e un 10%. Curiosamente, as alerxias son máis frecuentes nas cidades que nas zonas rurais, a pesares de existir menos cantidade de polen nas primeiras. A mestura de contaminación e polen de determinadas especies está detrás deste fenómeno.
Sentenza
29/5/2015 sentenza
O noso corpo no seu conxunto e cada unha das súas partes en particular, ten un "valor económico" cuias cuantías poden consultarse no Boletín Oficial do Estado. A cuantía axústase en función de valores como a idade, o tamaño da rede familiar máis achegada e os ingresos. No caso dos accidentes laborais, hai un valor fixo para as lesións de carácter definitivo non invalidantes, é decir aquelas que non teñen cura pero que non impiden seguir traballando; ademáis da valoración destas lesións, que corre a cargo da Mutua, pódese reclamar danos e prexuízos por responsabilidade civil derivados dun accidente de traballo; para este fin, recúrrese como referencia de xeito habitual ao baremo de tráfico, disposición legal de referencia que permite establecer os valores de indemnización .
OIT
27/5/2015 OIT
Segundo a OIT, cada ano sofren lesións profesionais non mortais máis de 313 millóns de traballadores e traballadoras, o que equivale a 860.000 persoas feridas no traballo a diario. A cifra de mortes a causa de accidente de traballo ou enfermidade profesional ronda os 2,3 millóns, 6.400 persoas cada día.
minerais en conflito
26/5/2015 Saúde
A Eurocámara votou a favor de endurecer as medidas contra a venda de minerais que fiancian conflitos. Preténdese obrigar a tódalas empresas da cadea de produción a identificar a procedencia dos materiais cos que comercian, o que afecta a unhas oitocentas mil empresas europeas. Os parlamentarios endureceron o texto proposto pola Comisión Europea que propoñia a realización dunha autocertificación voluntaria para o comercio responsable de minerais na UE e que só afectaría a unhas vinte empresas europeas.
OIT
25/5/2015 OIT
A OIT ven de publicar o informe “Perspectivas sociais e do emprego no mundo en 2015”, no que por exemplo se indica que só unha cuarta parte dos traballadores e traballadoras do mundo teñen un emprego estable; o resto están empregados a través de contratos temporais, traballan en empregos informais sen contrato, en empresas familiares sen recibir remuneración ou por conta propia.
fatiga estres
22/5/2015 SAÚDE
O 73 por cento dos españois sente "astenia", que se traduce en falta de vitalidade e enerxía. Non durmir suficientes horas, o estrés e traballar moito son causas desta astenia que inflúe negativamente na vida laboral, social e familiar.
Ministerio de Traballo de Ontario
15/5/2015 Saúde laboral
O Ministerio de Traballo de Ontario ten estabelecida unha estratexia denominada “Seguridade no Traballo Ontario” que pretende concienciar sobre os riscos nos lugares de traballo. O Ministerio anuncia con antelación o obxectivo a inspeccionar, sen indicar os lugares de traballo sobre os que se materilizará a inspección. O fin último destas campañas é fortalecer o cumprimento da Lei de Seguridade e Saúde e os regulamentos asociados.
Sentenza
7/5/2015 sentenza
O Xulgado do Penal de Alcalá de Henares condeu á responsable de obra da empresa contratista e ao encargado da empresa subcontratada a indemnizar conxunta e solidariamente cunha cantidade cercana aos 800.000 euros a un traballador que sufriu un accidente laboral; así mesmo condea á responsable de obra a 4 meses e medio de prisión e ao encargado da empresa subcontratada a 3 meses de prisión.
Nanopartícula dióxido titanio
24/4/2015 HIXIENE
A UITA, Unión Internacional de Traballadores da Alimentación, advirte do aumento da utilización de nanomaterias na industria alimentaria e da falta de métodos existentes para valorar os riscos que isto pode supoñer para os traballadores, os consumidores e o medio ambiente
Fallo  xudicial
22/4/2015 SENTENZA
A Sala Social do Tribunal de Xustiza de Madrid confirma unha sentenza que impuña recargo de prestacións polo accidente dun traballador que sufriu un accidente cando se desprazaba sobre unha carretilla elevadora, sendo esta unha práctica prohibida na empresa, pero que se realizaba de xeito habitual e non era sancionada pola mesma.
Disruptores endocrinos
20/4/2015 Hixiene
Científicos e expertos valoran que os custos para a sáude dos cidadáns europeos derivados da exposición a substancias químicas roldan os 157.000 millóns de euros anuais. Entre os custos valoranse os que se consideran directos, relacionados cos coidados médicos, e os indirectos, entre os que estarían a produción perdida, a morte prematura ou a discapacidade.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais