Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Enfermidade profesional
21/9/2011 En 2010 rexistráronse en España 10.042 enfermidades causadas ou agravadas polo traballo
A nova base de datos de continxencias profesionais ofrece por primeira vez información sobre dous millóns de empresas A Seguridade Social detectou durante o ano 2010 en España 10.042 enfermidades, non consideradas como enfermidades profesionais, pero si causadas ou agravadas polo traballo. Desta cantidade, 9.467 corresponden a patoloxías non traumáticas causadas polo traballo e 575 a enfermidades agravadas pola actividade laboral. Estes son os resultados da primeira Análise Xeral de Patoloxías non Traumáticas Causadas ou Agravadas polo Traballo (Panotratss) 2010, que completa a estatística da Seguridade Social sobre as enfermidades relacionadas co traballo.
Actitude fronte á vida
21/9/2011 Investigación
Observamos que cando as persoas teñen unha actitude negativa cara aos eventos pasados da súa vida, e ao mesmo tempo, tense unha actitude pesimista ou fatalista respecto dos eventos presentes, xéranse maiores problemas nas súas relacións e son estas persoas as que presentan os peores indicadores en calidade de saúde, explica Cristián Oyanadel, investigador da UGR.
tractor
20/9/2011 Agricultura
Un parque de vehículos obsoleto -un de cada tres tractores dos máis de 130.000 que hai en Galicia teñen máis de 20 anos-; o tráfico por pistas asfaltadas a modo de pseudoestradas, e un condutor de idade avanzada forman un cóctel mortal que aos poucos desanga o campo galego. Na Galiza a alerta saltou porque xa van 15 tractoristas falecidos iste ano, a maioría esmagados polo envorco do seu vehículo. As cifras reais saen das necrolóxicas dos xornais, para a Garda Civil hai 7 mortos en vías públicas e para Traballo non consta ningún como accidente laboral, pois non estaban de alta na Seguridade Social Agraria.
Traballo a quendas
20/9/2011 Traballo a quendas
O traballo a quendas baixa os niveis de concentración dos empregados. Esa é a conclusión que extrae unha sondaxe ao persoal de ArcelorMittal-Xixón sobre a incidencia do sistema de substitucións. Segundo o informe, a nocividad do mesmo queda patente en “unha redución da capacidade cognitiva de vixilancia e control, sobre todo en traballos de proceso continuo”.
Imaxen da Axencia Europea
15/6/2011 Axencia Europea
La Agencia Europea ha organizado un nuevo Concurso Fotográfico para sensibilizar sobre el tema de la «seguridad y la salud en el lugar de trabajo», haciendo especial hincapié en la prevención de riesgos.
Teléfono móbil
15/6/2011 Saúde (06/06/2011)
É a peor situación posible: clasificar o uso dos móbiles como "posible carcinogénico". Esa é a conclusión á que a Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC) chegou tras unha semana en París. O complicado é a incerteza que xera: nin o afirma tallantemente nin o descarta, e os expertos non fixan un tempo máximo de uso, nin mínimo, para que sexa perigoso, nin fan recomendacións específicas sobre iso. De feito, á vez que defenden o cambio da clasificación (unha escala de cinco niveis, na que a nova é un nivel 2b, xusto o intermedio) afirman que "non está claramente establecido que de feito aumente o cancro". Ou, como tamén o definen, "que hai reducida evidencia de carcinogenicidad en humanos, pero suficente en animais de experimentación".
Sanción
15/6/2011 Ministerio de Traballo e Inmigración. (05/06/2011)
Establece a autoridade estatal competente por razón da materia en función do tipo de infracción e diferencia os expedientes sancionadores cuxa competencia atribúese ás Comunidades Autónomas dos que son competencia da Administración Xeral do Estado
Historia clínica
10/5/2011 Historia clínico - laboral
O Goberno Vasco vai integrar a historia médico-laboral no historial clínico persoal de cada cidadán, como medida para, entre outras cousas, poder detectar precozmente as enfermidades profesionais.
Previsel 2011
28/4/2011 3 e 4 de maio de 2011
Os días 3 e 4 de maio celebrouse en Ourense a 6ª edición de PREVISEL, Salón da prevención e seguridade laboral. A CIG e o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral estiveron presentes en Previsel.
28 de abril 2011
28/4/2011 28 de abril
O día 28 de abril celébrase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Nesta data, adoptada pola OIT no ano 2003, reivindicase a implantación da cultura preventiva en tódolos sectores da sociedade . No ano 2011, o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo ten como lema: “O sistema de xestión da Seguridade e Saúde no Traballo (SST): unha ferramenta para a mellora continua”.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais