Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Tóxico
17/1/2017 Psicosocial
Os xefes/as ou responsables organizativos prepotentes, con pouca empatía ou déspotas son un importante e perigoso lastre para empresas e organizacións. Así é, normalmente cando un traballador/a decide irse e abandonar unha empresa ou organización, o que realmente está a facer é fuxir dun xefe/a ou responsable que resulta absolutamente tóxico para o seu traballo e para a súa propia vida. Cuestión esta que cobra máis importancia incluso se temos en conta que en moitos casos estes tipo de “xefes/as” escorrentan especialmente a aqueles traballadores/as talentosos, con capadidade e criterio propio.
Sentenza
13/1/2017 Sentenza
O Xulgado do Penal Número 1 de Avilés absolveu ao director de seguridade, ao coordinador de seguridade e ao xefe de quenda dun delito contra os dereitos dos traballadores polas lesións graves sufridas nunha man por un operario en xullo de 2012. A sentenza é firme, tendo en conta que non foi recorrida pola Fiscalía, que solicitaba unha pena de dous anos e medio de prisión para cada un dos procesados.
Sentenza
12/1/2017 Tribunal de Xustiza da UE
O caso que da lugar a este fallo é o dun traballador que foi despedido estando de baixa médica por un accidente laboral, por "non alcanzar as expectativas estabelecidas pola empresa nin o rendemento que a empresa considera adecuado ou idóneo para o desempeño das súas tarefas". O traballador, axudante de cociña, resbalou na cociña e se dislocou o codo esquerdo en outubro de 2014, sendo despedido en novembro de 2014. Segundo o fallo do Tribunal de Xustiza da UE, a rescisión do contrato dun empregado en situación de incapacidade temporal de forma "duradeira" pode ser considerada discriminatoria e, polo tanto, a rescisión do contrato pode ser anulada nos tribunais.
Health and Safety Executive
9/1/2017 Hixiene
En cumprimento das novas normas sancionadoras vixentes en Reino Unido, nas que se ten en consideración a capacidade económica da empresa á hora de fixar as sancións, continúan a aparecer casos de multas millonarias. Neste caso a sanción recae nunha compañía química que sufriu dous accidentes que remataron producindo unha nube tóxica; no primeiro accidente acaecido en marzo de 2010 faleceu un traballador e outro sufriu graves lesións.
Disruptores endocrinos
3/1/2017 HIXIENE
A European Chemicals Agency, Axencia Europea dos Produtos Químicos (ECHA) e a European Food Safety Authority, Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) están a desenvolver unha guía científica para identificar os disruptores endocrinos que se espere que estea finalizada dentro deste novo ano 2017.
Sentenza
21/12/2016 Sentenza
O Tribunal Supremo estima o recurso de casación presentado contra sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León polos feitos ocorridos en 2011 na localidade de Villalmanzo (Burgos) e que condenaba a unha empresa eléctrica e á compañía aseguradora a abonar unha indemnización a un traballador que sufriu un accidente laboral; na sentenza do Tribunal Supremo se indica que correspondía a este empregado tomar as medidas de seguridade axeitadas, que foran facilitadas pola compañía, para realizar o desmonte dun tendido eléctrico.
Disruptores endocrinos
19/12/2016 Hixiene
Un traballo realizado por investigadoras do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e publicado en Environmental Health Perspectives, amosa a relación entre a exposición a disruptores endocrinos no posto de traballo e o incremento do risco de baixo peso ao nacer. Neste proxecto analizáronse datos de 131.279 mulleres embarazadas en situación laboral activa pertencentes a 13 cohortes de nacemento europeas. Entre os achados do estudo atopamos que un 11% das participantes tiñan traballos clasificados como posible ou probablemente expostos aos disruptores endocrinos.
Fallo  xudicial
12/12/2016 SENTENZA
Segundo o fallo "A asistencia a unhas xornadas de formación estase dalgunha maneira traballando, polo que se se produce unha lesión debe considerarse accidente de traballo".
emoticono infarto
7/12/2016 SAÚDE
Segundo unha investigación publicada en Circulation, a revista da Asociación Americana do Corazón, experimentar malestar emocional ou un esforzo físico pesado duplica o risco de infarto, e estar enoxado ou molesto emocionalmente mentres se realiza algún esforzo físico pesado triplícao.
polvo amianto
1/12/2016 AMIANTO
Máis de 80.000 metros cúbicos de amianto, a pasividade de tres administracións e a escasa vontade para pagar os traballos de desamiantado sentencian aos veciños dun barrio de Toledo.
Sentenza
29/11/2016 Sentenza
O Xulgado do Penal Nº3 de Xixón condenou a un ano e medio de cárcere e ao pago de 190.000 euros en indemnizacións a un empresario ao que se responsabiliza do accidente laboral que tivo lugar en xaneiro de 2014 no porto de Xixón no que faleceu un mozo de 26 anos. O empresario aceptou a pena logo de recoñecer os feitos. Aínda que nun primeiro momento a Fiscalía pedía dous anos de cárcere, a decisión do imputado de consignar na conta do xulgado a cantidade estabelecida como indemnización determinou que o fiscal aceptase rebaixar a condena.
Karoshi
25/11/2016 SAÚDE LABORAL
Cada ano morren xaponeses por apoplexías, ataques ao corazón ou suicidios relacionados co exceso de traballo. Tamén abundan a tensión, as desordes emocionais e de soño. Para que conte como un caso de karoshi a vítima ten que traballar máis de 100 horas extra no mes anterior á súa morte ou 80 en dous ou máis meses consecutivos do últimos seis.
Informe tecnoestres
25/11/2016 Psicosocial
Un 34% das persoas que participaron no estudo consideran que o uso excesivo das TIC prodúcelles problemas ou consecuencias negativas como baixo rendemento no estudo ou traballo, tensión elevada, fatiga visual, posturas inadecuadas, discusións de parella, problemas familiares...
SENTENZA AMIANTO
22/11/2016 SENTENZA AMIANTO
A sentenza é especialmente transcendente tendo en conta que o cancro de esófago non está incluído no baremo oficial de enfermidades profesionais.
Xulgado 1
21/11/2016 SENTENZA
Esta sentenza conclúe coa prolongada e ata agora infrutuosa loita do traballador para que se recoñecese o carácter invalidante das súas dores de cabeza e revoga as numerosas resolucións contrarias da Seguridade Social, atendendo a petición do traballador e concedéndolle a incapacidade permanente absoluta con dereito a unha pensión do 100%. A sentenza, que non foi recorrida, devén firme.
ser profesor
18/11/2016 EU-OSHA
O Premio cinematográfico «Lugares de Traballo Saudables» celébrase anualmente, desde 2009, no marco do Festival Internacional de Cinema Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig). Está apoiado pola EU-OSHA co fin de animar aos cineastas a realizar obras que traten sobre os riscos aos que se enfrontan os traballadores/as e os cambios que afectan os lugares de traballo hoxe en día. Na película alemana premiada nesta edición, póñense de relevo as difíciles condicións de traballo dos novos profesores, visualizadas a través da historia de tres novos profesores nos seus primeiros anos en centros de ensino.
Sentencia accidente laboral
17/11/2016 Seguridade
O accidente que deu lugar a esta millonaria multa tivo lugar no 2014, no rodaxe da película "Star Wars: o despertar da forza", cando o actor Harrison Ford foi golpeado por unha pesada porta hidraúlica situada no interior do decorado que recreaba a nave "Halcón Milenario". A produtora, filial da compañía Disney, admitiu no xuízo celebrado na Corte de Aylesbury que vulnerou a lexislación de riscos laborais. A raíz da entrada en vigor a primeiros deste ano das novas directrices para ditar sentenzas no Reino Unido, as cuantías das multas deben ter en conta a capacidade económica da empresa: así, canto maior sexa a capacidade económica maior será a multa.
Obreiros Qatar
16/11/2016 SEGURIDADE
Segundo a denuncia o traballador foi sometido a condicións laborais inhumanas próximas á escravitude. A indemnización solicitada ronda os 4.500 euros e pode sentar un precedente legal.
Fallo  xudicial
15/11/2016 SENTENZA
O 26 de xuño de 2015, a psicóloga deixou a consulta onde traballa no centro de saúde de Durango para tomar un café durante os 15 minutos de descanso que os empregados teñen establecido para as xornadas que superan as seis horas.
Médica
14/11/2016 SAÚDE LABORAL
Nos últimos tempos estanse a incrementar de maneira notable as notificacións de trastornos de saúde derivados do traballo, realizados polos Centros de Atención Primaria do sistema público de sanidade.
From theory to action
11/11/2016 Psicosocial
Esta afirmación despréndese do traballo 'Da teoría á acción. Unha ollada práctica ao que realmente conduce ao compromiso do empregado/a" realizado pola empresa tecnolóxica Oracle en colaboración con Kantar TNS. A motivación deste traballo é coñecer qué opinan traballadores e traballadoras de todos os niveis profesionais sobre a cultura de traballo na súa empresa, así como en que medida afecta no seu rendimento profesional. Os datos foron obtidos a partires de enquisas realizadas a un total de 4,706 traballadores e traballadoras de 20 países entre abril e maio de 2016; en tódolos casos os enquisados eran traballadores/as a xornada compreta de empresas de a lo menos 250 empregados/as
Accidente tráfico
7/11/2016 Seguridade
Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico e do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), o número de accidentes de tráfico «in itínere», é dicir, os que teñen lugar nos traxectos entre o domicilio e o traballo, incrementouse un 10% dende o ano 2002. Atendendo a estes mesmos datos, cada ano falecen no Estado español ao redor de 100 persoas neste tipo de sinistros.
traballar de pe
4/11/2016 ERGONOMÍA
Así é, en dito estudo descubriuse que alternar entre as posicións de pé e sentado en combinación con outras actividades físicas no desempeño das tarefas durante a xornada laboral é beneficioso para o control do peso.
Envellecemento traballadores
3/11/2016 SAÚDE LABORAL
O Estado español está cada vez máis envellecido en gran medida consecuencia dos maiores índices de lonxevidade, que alcanzou neste ano 2016 un novo máximo histórico do 116%, ou o que é o mesmo, neste momento contabilízanse 116 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16.
Sentencia accidente traballo
2/11/2016 SENTENZA
O propietario do centro ecuestre situado en Gondomar, aceptou a condena de un ano e medio de prisión por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes tras un pacto de conformidade da defensa coa fiscal e as dúas acusacións particulares - a da nai do falecido e a dos seus dous fillos-.
enfermidade profesional
28/10/2016 SAÚDE LABORAL
Así é, o contaxio da gripe prodúcese nun de cada tres casos no ámbito de traballo, estimándose que cando menos un 18% das baixas laborais totais no Estado español son consecuencia directa da gripe, que se expande con maior facilidade en oficiñas e espazos pechados.
Sentado
26/10/2016 saúde laboral
Segundo varios estudos publicados na revista Lancet en torno ao 31 por cento da poboación mundial non cumpre coas recomendacións actuais de actividade física. A falta de exercicio asóciase coas principais enfermidades non transmisibles e está detrás do 6% ao 9% do total de mortes non mundo. O estilo de vida actual inflúe nesas cifras: na última década diversas investigacións demostraron como o excesivo tempo que pasamos sentados pode incrementar o risco de morte, tanto se se fai exercicio coma se non.
Médica
25/10/2016 Saúde Laboral
Así, no primeiro semestre deste ano, 116 traballadores e traballadoras faleceron por mor destas patoloxías, o que supón o 51,33% do total. Estas patoloxías están vinculadas aos riscos psicosociais, como a tensión. A procentaxe ven incrementándose progresivamente dende 2008, ano no que este tipo de mortes situouse nun 29% do total de accidentes mortais
11s
24/10/2016 SAÚDE
Máis de 5.400 persoas foron diagnosticadas con diferentes tipos de cancro como consecuencia dos atentados ao World Trade Center de Nova York o 11 de setembro de 2001. Entre os máis prexudicados figuran socorristas, membros de rescate, traballadores de recuperación e procura de vítimas así como de limpeza, e voluntarios que axudaron despois dos ataques. Estas persoas resultaron afectadas con un ou máis tipos de cancro, contabilizándose nunhas 4.692. Con motivo do novo aniversario dos ataques contra as Torres Xemelgas, medios estadounidenses sacan á luz arrepiantes cifras sobre o número de persoas que foron diagnosticadas con cancro que foron publicadas polo semanario Newsweek.
pódese predecir o risco de sufrir depresión
18/10/2016 Psicosocial
Segundo este estudio o nivel de satisfacción laboral que un traballador/a pode experimentar na década dos 20 e na dos 30 anos, remata por ter un efecto directo no seu estado de saúde mental que se soe manifestar ao redor dos 40 anos cun importante impacto. Os expertos da Universidade de Ohio afirman que a insatisfacción no traballo ten un impacto moito máis importante na saúde mental que na física, de tal xeito que as persoas que desde o comezo da súa vida laboral amosáronse infelices co seu traballo, cos anos tiveron máis problemas de depresión, temores e transtornos do sono.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais