Co financiamento de:
Novidades lexislativas:
DOUE 20/3/24 Directiva (UE) 2024/869 valores límite chumbo e os seus compostos inorgánicos e para os diisocianatos.BOE 28/02/24 Orde PJC/133/24 modifica RD 219/13 substancias perigosas aparatos eléctricosBOE 15/3/24 R MSC 496 e 497, Enmendas de 2022 ao Protocolo Convenio Internacional para a seguridade da vida humana no mar
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 50

22-03-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Atendendo á información estatística recentemente publicada polos organismos públicos, na Galiza no ano 2023 o conxunto dos accidentes de traballo (leves, graves e mortais) con baixa na xornada laboral (exclúe os accidente in itínere), pasou de 25.732 accidentes no ano 2022 a 27.274 accidentes no ano 2023, acadando así a sinistralidade laboral global neste pasado ano un incremento do 5,99% en relación ao anterior ano 2022. No que atinxe aos accidentes in itínere (aqueles que se producen no traxecto de ida e volta ao traballo dende o fogar da persoa traballadora), no ano 2023 producíronse 3.149 fronte aos 2.670 que tiveron lugar no 2022, dato que supón un incremento deste tipo de accidentes do 17,94%. Mais se en algo segue desgraciadamente destacando o noso País é na elevada proporción de accidentes laborais de carácter mortal; un ano máis Galiza sitúase novamente nos primeiros postos do ranquing de mortos por accidente laboral, acadando unha incidencia de 4,84 sinistros con resultado de morte por cada 100.000 persoas traballadoras, case o dobre do índice de incidencia Estatal (2,92); a destacar o incremento da accidentabilidade mortal das mulleres traballadoras galegas que é un 300% maior que no ano 2022.

Fichas de ergonomía no sector primario e Industrias alimentarias: Conserveiras de peixe

16-04-2024 - OSALAN

O Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laborais (OSALAN) en colaboración co centro tecnolóxico AZTI, impulsaron a xeración de ferramentas preventivas para a análise e avaliación ergonómica de procesos e equipos, así como a procura de propostas de mellora. Este documento céntrase concretamente nos riscos ergonómicos das persoas traballadoras nas conserveiras de peixe

Indice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. MARZO 2023 FEBREIRO 2024.

15-04-2024 - INSST

Comparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre MARZO 2023 FEBREIRO 2024.

O TSX do País Vasco dita unha sentenza sobre o accidente «in itinere» en sentido diverxente ao Tribunal Supremo

12-04-2024 - SENTENZA

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco recoñeceu como accidente ‘in itinere’ o ocorrido a unha traballadora no traxecto entre o seu traballo e un Hospital, ao que se dirixía porque tiña unha cita previa cun médico, outorgando así dereitos de prestación á traballadora afectada, nunha sentenza que promete marcar un antes e despois na xurisprudencia laboral. É un caso que terá que dilucidar finalmente o Tribunal Supremo porque se produce en sentido contrario a dúas sentenzas da súa Sala do social.

Medidas básicas para a prevención de accidentes por tufo

11-04-2024 - OSALAN

Con este documento OSALAN pon o foco no risco de accidente por presenza de tufo nas adegas onde se realizan fermentacións alcohólicas. Este tipo de sinistros adoitan ter consecuencias moi graves, case sempre mortais, e afectan, na maioría dos casos, a máis dunha persoa xa que as persoas que traballan xunto á vítima introdúcense na zona de perigo para realizar o rescate sen os equipos adecuados e tamén falecen asfixiadas (o 60% dos accidentes mortais en espazos confinados son sufridos polas personas que realizan o rescate).

Novidades en materia de Seguridade e Saúde Laboral no VII Convenio colectivo de Industrias de Ferralla

10-04-2024 - BOE

O pasado mes de febreiro publicouse no BOE o VII Convenio colectivo de Industrias de Ferralla con novidades salientables no Capítulo VII de Seguridade e Saúde Laboral. No artigo 65. Condicións xerais, engádense dous novos apartados: o punto 7 referente a medidas preventivas en traballos en altura e o punto 8 respecto a factores atmósféricos. Modifícase tamén o artigo 82 pasando a denominarse "Formación do sector en prevención". Estabelécese a formación por postos de traballo e/o por oficios nos cales se deberá adquirir coñecementos e normas específicas en relación co posto ou familia profesional. Modifícase o cómputo de horas aumentando a 60 horas como mínimo para os responsables de obras e técnicos de execución e mandos intermedios.

Traballos en plataformas dixitais: datos, cifras e implicacións para a seguridade e saúde no traballo

09-04-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

EU-OSHA pon disposición a infografía “Traballos en plataformas dixitais: datos e cifras” que presenta, de forma concisa, datos e cifras así como os principais sectores, oportunidades, retos e iniciativas para garantir que o traballo en plataformas respete a seguridade e a saúde de quen traballa nelas; e a presentación en PowerPoint “Traballo en plataformas dixitais: implicacións para a seguridade e saúde no traballo” na que se analizan as implicaciónss para a SST do traballo en plataformas dixitais.

Enfoque para a prevención dos trastornos musculoesqueléticos

08-04-2024 - INRS-Institut National de Recherche et de Sécurité-

Esta guía publicada polo Institut National de Recherche et de Sécurité, propón un enfoque para previr os trastornos musculoesqueléticos a través dun proceso de mellora continua e un enfoque de tipo xestión de proxectos. Estrutúrase en catro etapas: compromiso co proceso, inventario, análise en profundidade e transformación de situacións laborais. Ao longo destas etapas, tres accións continuas e transversais determinan o éxito do enfoque: mobilizar, comunicar e avaliar. A integración deste enfoque na organización habitual da empresa contribúe a unha prevención sostible e eficaz dos TME.

Condenado un empresario pola morte dun albanel en A Coruña

03-04-2024 - SENTENZA

O fallo xudicial indica que a empresa non proporcionou os cursos de formación nin medios necesarios -ausencia de medidas colectivas, déficit das medidas de protección individual-, para que o traballador realizase o seu traballo cunha mínima seguridade, omitindo as máis elementais medidas de precaución esixibles nun traballo en altura cunha superficie de traballo fráxil.

Xestión das persoas traballadoras mediante a IA: desde o desenvolvemento tecnolóxico ata o seu impacto na súa seguridade e saúde

02-04-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

No último informe da EU-OSHA investígase a relación entre a IA e a evolución da dinámica en materia de xestión no traballo, utilizando datos extraídos de patentes para analizar as tecnoloxías de xestión baseadas na IA, as súas funcións previstas e a súa integración nos distintos sectores, así como os novos riscos potenciais para a seguridade e a saúde das persoas traballadoras.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS