Financiado por:
/ Riscos emerxentes 55

T+55 Aspectos a valorar na avaliación preventiva

18-03-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

Ante as novas tendencias demográficas que nos dirixen cara a un envellecemento constante da poboación, compre que as persoas que realizan as avaliacións de riscos nas empresas, ben sexan técnicos do SPP ou dun SPA, teñan en conta este aspecto, xa que este envellecemento está causando cambios que repercuten directamente no ámbito laboral. Como factor de risco temos que ter en conta que o envellecemento fai referencia a un conxunto de procesos biolóxicos que diminúen as capacidades físicas dos traballadores/as e que en certo modo limita a adaptación do organismo ao medio, así como a súa capacidade de resposta ante diversas esixencias do mesmo e que pode ter unha relevancia fundamental cando falamos de actividade laboral.

Tamén temos que ter en conta que pese a estudalo como un factor de risco xenérico dun posto de traballo nunha avaliación de riscos, o envellecemento ten un forte compoñente individual, polo que é moi importante telo en consideración tamén como variable de tarefas concretas.

Os aspectos fundamentais a ter en conta á hora da realización dunha avaliación de riscos ou ao proceder a unha revisión da mesma poderían ser:

  1. No Plan de Prevención, que englobaría tódalas actuacións en materia preventiva, coa análise de factores de risco que afectan a:

             -Riscos relacionados coa hixiene industrial:

           -Riscos relacionados coa ergonomía e a psicosocioloxía:

                -Evitar tarefas que requiran o emprego de moita forza.

                -Evitar tarefas que requiran un gran esforzo físico.

                -Evitar tarefas que impliquen demasiado esforzo da columna vertebral.

                -Planificar axeitadamente os descansos no traballo.

                -Formación no manexo axeitado das cargas e no uso de medios mecánicos de axuda.

                -Incidir nunha boa organización das quendas de traballo e na  rotación de postos.

                -Adaptar o posto de traballo se é preciso.

                - Reorganizar o traballo de xeito que os traballadores/as maiores de 55 anos poidan planificar con tempo as súas tarefas e que non impliquen un tempo de reacción moi curto.

                  -Ter en conta o estrés como factor de risco fundamental para estos/as traballadores/as levando un control do mesmo para acadar un ritmo de traballo axeitado.

                  -Evitar postos de traballo con exposición prolongada a tóxicos.

                  -Evitar postos de traballo onde existan moitas diferenzas de temperatura.

                  -Ter en conta e revisar o tipo de sinalización, sobre todo cando se trata de sinais acústicos.

                  -En monitores e pantallas aumentar o tamaño da letra.

                  -Aumentar a iluminación nos postos de traballo cando sexa preciso así como a colocación de dispositivos antideslumbramento.

Sempre debemos de ter en conta que dependendo do tipo de empresa ou da especificidade da tarefa haberá que ter en conta outros factores de risco.

                      -Adaptación do horario laboral.

                      -Quendas mais curtas.

                      -Evitar a nocturnidade.

                      -Estabelecer un sistema de rotación de postos axeitado á idade dos traballadores/as.

Para o correcto tratamento de todos estos factores e a implementación exitosa das medidas derivadas, é fundamental contal coas aportacións dos traballadores e as traballadoras afectados/as.

Documentos

T+55 Aspectos a valorar na planificación preventiva.pdf
T+55 Aspectos a valorar en la planificación preventiva.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS