Campaña "Lugares de traballo saudables en cada idade"11-05-2016 - Traballadores/as maiores de 55.No ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica a preocupación das institucións europeas por un tema que en breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e traballadores e teremos que asumir. | ![]() |
|---|
Segundo datos que proporciona a propia EU, no horizonte de 2030 sobre un 30% dos traballadores/as de moitos estados da zona euro terán entre 55 e 64 anos. Coas medidas de retraso na idade de xubilación, a porcentaxe total dos traballadores e traballadoras maiores de 55 será sen dúbida maior.
No ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica a preocupación das institucións europeas por un tema que en breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e traballadores e teremos que asumir.
Esta nova perspectiva que se presenta precisa dunha reflexión profunda e dunha preparación axeitada no marco das relacións laborais e da seguridade e saúde no traballo.
O incremento da idade de xubilación alongará a vida laboral e aumentará tamén a exposición dos traballadores e traballadoras aos perigos presentes no seu traballo poñendo de manifesto unha serie de novas necesidades en materia de seguridade e saúde.
É a actual Campaña da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo “ unha campaña bienal (2016-17) que aborda esta cuestión cos seguintes obxectivos:
Este proxecto que iniciou hai pouco a súa andaina pública, concretamente o 15 de Abril de 2016, contará con varias vías de investigación entre as que estará o estudo das estratexias que están a seguir empresas que xa están orientando a súa actividade preventiva neste contexto así como as políticas e programas de estados, tanto membros da UE como non membros, neste eido.
Outro aspecto a ter en consideración deste traballo, sobre todo en relación a resultados obtidos, será ver cómo encaran gobernos de diferentes estados a estimulación da posible volta ao traballo logo de longos períodos de inactividade, derivados tanto de situacións de enfermidade como de desemprego , tendo en conta os cambios nas estruturas produtivas e nas capacidades da poboación traballadora que se pretende recolocar no mercado laboral.
A campaña dispón dun portal web no que se expón en profundidade o problema, os seus obxectivos, as ferramentas e publicacións dispoñibles, foméntase á participación e se facilita información de distintos eventos e novas relacionados con esta materia.
https://healthy-workplaces.eu/es
Unha das ferramentas que xa está a disposición dos usuarios é a guía electrónica “Lugares de traballo saudables en cada idade”.
Actualmente atópase en inglés pero co tempo será “multilingual”.
Aborda o tema da xestión da seguridade e saúde no traballo no contexto dunha poboación traballadora de maior idade, buscando en última instancia:
Proporciona información práctica, consellos e exemplos relacionados coa poboación traballadora de maior idade e as oportunidades que trae consigo. Tamén amosa como se poden enfocar no traballo os desafíos relacionados coa idade.
A guía está estruturada entorno a catro temas nos que se presentan diferentes aspectos do avellentamento da poboación traballadora e ofrecen ao respecto elementos de información sobre as súas peculiaridades e indicacións para unha xestión da seguridade e saúde axeitadas.
En cada sección inclúense ademais exemplos de boas prácticas e enlaces que permiten afondar máis nos distintos temas.
Os catro temas son os que seguen:
Por outra banda, os contidos da guía están pensados para catro tipos de potencias lectores:
A información está adaptada a cada un destes catro perfís pero o acceso é totalmente libre a cada un deles e pódese cambiar dun perfil a outro en calquera momento.
A guía é de recente creación e polo de agora non está completa, entendemos que é un elemento en evolución que ofrece unha boa posibilidade de acceso a información estruturada e fácil de localizar sobre esta materia.
Pódese acceder á guía a través do enlace que segue: http://eguides.osha.europa.eu/