Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Carcinoxenicidade da soldadura, trióxido de molibdeno e óxido de estaño e indio

24-01-2018 - IARC

A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro ( IARC) clasifica os fumes de soldadura e a radiación UV das operacións de soldadura na categoría 1, axentes carcinoxénicos para humanos. Á espera da publicación da monografía na que se abordan os estudos realizados (número 118), pode consultarse un resumo das avaliacións realizadas pola IARC na revista científica The Lancet Oncology.

No ano1989 a IARC, dentro da monografía 49, clasificou os fumes de soldadura como posiblemente canceríxenos para os humanos (categoría 2 B). Desde esa data, numerosas observacións e estudos (que inclúen máis de 20 estudos de casos e controis e case 30 estudos de  cohortes) demostraron a natureza probada do potencial carcinoxénico dos fumes de soldadura, o que xustifica hoxe o cambio de clasificación.

Os estudos recentes amosan maior risco de cancro de pulmón en soldadores/as, así como noutros traballadores/as expostos a fumes de soldadura.  Segundo os expertos de IARC, os datos dispoñibles indican que esta exposición podería estar implicada na aparición de cancro de ril. Así mesmo a investigación de IARC amosa que a radiación ultravioleta emitida durante a soldadura de arco é un factor de risco para o melanoma ocular, incrementando o risco de 2 a 10 veces. 

Ligazón ao artigo publicado en The Lancet Oncology

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS