Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Restablecemento da base de datos INFOCARQUIM do INSST

22-02-2022 - INSST

Esta base de datos do INSST foi concibida para o seu uso por parte dun amplo número de colectivos, non soamente relacionados coa prevención de riscos laborais, tales como hixienistas industriais e médicos do traballo, senón tamén médicos asistenciais (tanto de atención primaria como oncólogos e outros especialistas), médicos epidemiólogos, e calquera outro interveniente: empresarios, traballadores e os seus representantes que desexen consultar información sobre un determinado axente canceríxeno ou mutáxeno.

Esta base de datos inclúe información sobre os aspectos seguintes:

A clasificación de perigo dos axentes químicos canceríxenos,  mutáxenos e tóxicos para a reprodución de categorías 1A e 1B segundo a nova clasificación de axentes químicos (CLP).

Os usos e aplicacións dos devanditos axentes.

Os posibles substitutos ou alternativas tecnolóxicas a cada axente, en relación ao seu uso concreto, cando se coñecen.

Os tumores relacionados con cada axente.

Os datos cuantitativos de produción e comercialización dispoñibles.

A procura é múltiple: a través do axente concreto, a través da actividade ou ocupación desenvolvida ou ben polo tipo de  neoplasia obxecto de interese. A entrada por actividade ofrece aos usuarios non coñecedores en profundidade dos axentes químicos un roteiro para a obtención de información sobre as substancias presentes e os seus posibles substitutos, mentres que a entrada por  neoplasia permite unha primeira consulta de información a médicos non especialistas en medicina laboral que se atopen ante un enfermo de cancro e sospeiten da súa posible orixe laboral.

É unha ferramenta que, a través do coñecemento, pretende mellorar a protección da saúde dos traballadores/as fronte a unhas familias de compostos que, segundo a OMS, son a causa do maior número de falecementos por enfermidade no mundo do traballo.

Ligazón a INFOCARQUIM

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS